Volve a Pontevedra do alén con percorridos teatralizados polo cemiterio de San Amaro

A Concellaría de Cemiterios, que xestiona Anabel Gulías recupera nas festas de Nadal os roteiros teatralizados polo cemiterio de San Amaro. Dirixidos por Polo correo do vento, o proxecto pretende divulgar e dar a coñecer o cemiterio municipal e a historia da cidade.

Os roteiros serán os días 23 e 27 de decembro ás 12.00 e as 18.00 horas.

A participación é de balde pero coa inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com.

A actividade recibe o apoio económico da Deputación de Pontevedra.

Compartir publicación: