A Escola de Saúde Pública continúa a súa andaina avaliando a atención sociosanitaria das persoas das persoas maiores coa síndrome de Down 

A actividade organizada pola Asociación Down Pontevedra será mañá venres, 13 de xaneiro ás 19 horas, e faise ao abeiro da programación da ESP, que impulsa a Concellería de Benestar Social

Ata o 20 de decembro está aberto o prazo para que as asociacións socio-sanitarias presenten propostas de actividades a desenvolver no ano 2025 na Escola de Saúde Pública de Pontevedra 

A Sala Valdecorvos da Casa Azul  (Rúa Sor Lucía nº4) acolle mañá, venres 13 de decembro, unha nova actividade da Escola Pública de Saúde (ESP) de Pontevedra. Nesta ocasión será un relatorio sobre Os retos da atención socio-sanitaria na etapa de envellecemento das persoas coa síndrome de Down. Estará a cargo da educadora social e psicopedagoga Sandra Peña Díaz, responsable do Programa de vida adulta de Down Pontevedra-Xuntos, a asociación organizadora do evento.

A cita, a penúltima da programación da ESP deste ano, é ás 19.00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A Escola de Saúde Pública-ESP de Pontevedra botou a andar no pasado mes de novembro cun programa de actividades (relatorios, mesas de debate, obradoiros) guiado polos principios que definen o proxecto impulsado desde a Concellería de Benestar Social que dirixe Anabel Gulías: contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas,  promover hábitos de vida saudables, ser un espazo de participación, información e coñecemento do traballo altruísta desenvolvido polas asociacións socio-sanitarias e a defensa da sanidade pública.

Malia que a programación será anual, a ESP-Escola de Saúde Pública dá os seus primeiros pasos, a modo de limiar, con cinco actividades – a do venres será a cuarta- emanadas da derradeira Feira da Saúde e Benestar-Pontesán, unha cita consolidada como o mellor escaparate do traballo desenvolvido polo tecido socio-sanitario de Pontevedra e Galicia, e chamada a ser un punto de encontro e reflexión na programación anual da ESP.

Por outra banda e co fin de avanzar na organización do vindeiro curso da ESP, está aberto ata o 20 de decembro, o prazo para que as asociacións socio-sanitarias presenten propostas de actividades (charlas, debates, obradoiros, actividades lúdico-formativas..) para desenvolver no ano 2025.

Compartir publicación: