No evento participarán 5 agrupacións de grao profesional, implicando máis de 250 persoas.
Terá lugar o vindeiro 19 de decembro ás 19.30h no auditorio do Pazo da Cultura.
As entradas, tamén de fila 0, estarán á venda o xoves 5 en Ataquilla.com a un prezo simbólico de 5€
O Conservatorio CMUS Manuel Quirogas celebrará a súa Gala de Nadal o vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30h. no Pazo da Cultura coa solidaridade por bandeira, xa que a recadación íntegra da venda de entradas – e tamén da fila 0 – estará destinada ao Conservatorio de Utiel, damnificado pola Dina.
Tal e como apunta o vicedirector do CMUS, Jose Pérez “a idea de facer o concerto para recadar fondos para axudar aos afectados por a Dina, xorde de varios compañeiros tras recibir as imaxes que aporta a nai dun exalumno, que amosaban o afectado que se atopa o Conservatorio de música de Utiel. Buscamos un concerto que agrupe ás formacións máis numerosas do centro e consideramos que a nosa Gala de Nadal era un bo escenario para poder recoller fondos. Queremos agradecer a colaboración do Concello, en especial a actuación do concelleiro Demetrio Gómez, que nos facilitou poder realizar este concerto.
A entrada ten un prezo simbólico de 5€ haberá tamén opción de fila cero para aquelas persoas que non poidan asistir ao evento e queiran colaborar igualmente. Estarán a venda a partir de xoves 5 en Ataquilla.com. Agardamos que a xente se achegue a gozar da música ao tempo que axudamos a esta xente que perdeu todos os seus instrumentos”.
As agrupacións de Grao Profesional que participarán neste evento serán a Banda I dirixida por Miguel Dopazo,a Banda II, dirixida por Jose Pérez, a Orquestra I dirixida por Xacobe Lamas , a Orquestra II dirixida por Francisco Mora e o Coro I, dirixido por Cristina Suárez.
Jose Pérez avanza “un programa moi variado, con 250 persoas implicadas e no que atoparemos incluso colaboracións do coro coa Orquestra II ou o colofón sorpresa das das bandas que interpretan dúas pezas en conxunto con máis de 100 intérpretes en escena”
Programa Concerto
Orquestra I
Latin Set P. Martin
Beguine – Serenata – Huapango
Director: Xacobe Lamas
Banda I
Ponteareas (Pasodoble) R. Soutullo
The last letter from Murdoch M. Taruya
Director: Miguel A. Dopazo
Orquestra II
Nabucco overture G. Verdi
O Holy night A. Adam
Orquestra, coro II e alumnado de canto
Director orquestra: Francisco J. Mora
Directora coro: Cristina Suárez
Banda II
Orphea Galaica M. Pérez
Fleodrodum E. Swiggers
Director. Jose Pérez