O primeiro concerto pasará a ser o do grupo de rock, Froján o sábado 7 de decembro
Excepcionalmente terá lugar o domingo 8 a actuación de Acoustic Solar, inicialmente prevista para este sábado 23.
Brass Atlantic mantén a súa data inicial o sábado 14 e o sábado 21 será a nova data para David Taboada Trío.
Todas as actuacións terán lugar ás 12h. na Praza da Peregrina e, no caso de choiva, mudarán ao palco da música da Alameda.
A mala previsión meteorolóxica obrigou a replantexar o progama do ciclo Sons de Outono, coordinado por Luis Carballo do Seminario Permanente de Jazz.
O concerto incial, previsto para este sábado 23 e a cargo da banda Acoustic Solar, terá lugar finalmente o domingo 8 de decembro e será o grupo de rock Foján o encargado de abrir a rolda de actuacións o sábado 7 de decembro.
Estas modificacións afectarán tamén ao resto do ciclo que manten a cita con Brass Atlantic o sábado 14 de decembro (data na que inicialmente remataría o ciclo) e engade o sábado 21 para que David Taboada Trío peche esta programación musical que pretende achegar o Jazz aos viandantes e dinamizar a cidade.
Sábado 7 de decembro ás 12h. na Praza da Peregrina 12h. – Foján
Froján é poesía autodestructiva en equilibrio coa forza do rock alternativo. Unha banda nova con ganas de facer sentir aos seus oíntes as historias de vida que albergan as súas cancións. Asentados na cidade de Pontevedra, acaban de publicar o seu segundo disco, ‘Reflexos’, producido por Kolibrí Díaz (guitarrista de Marea) nos ‘Estudos R5’ (Iruña).
Ademais do especial coidado posto nas letras, con influencias da poesía de Kutxi Romero ou Robe Iniesta, conseguen crear un estilo propio fusionando detalles barrocos e clásicos co son das bandas de referencia do rock estatal.
Miguel Froján; voz e guitarra
Robert Beade; guitarra
Sergi Outeiral; baixo eléctrico
Óscar Mourelos; batería
Domingo 8 de decembro ás 12h. na Praza da Peregrina- Acoustic Solar
Creado no ano 2024 por alumnos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, o «Acoustic Solar Trio» é un grupo formado por Luis Felipe Fernández Alfonso (saxo alto), Javier Abraldes (guitarra) e Berto Rial (contrabaixo).
O groso do seu repertorio confórmano os standards clásicos do jazz, pero amén inclúe versións jazzísticas de música de influencia funk, góspel e soul.
Sábado 14 de decembro ás 12h. na Praza da Peregrina – Brass Atlantic
Brass Atlantic é unha banda de instrumentos de vento e percusión que naceu de modo espontáneo no ano 2022 da man dun grupo de amigos e experimentados músicos de jazz. Nesta agrupación se reflicte en certo modo a profunda influencia das primeiras brass bands americanas ata ás máis actuais.
Este ensemble aborda un repertorio variado, lembrando ás bandas de Nova Orleáns, no que se aprecian estilos tan dispares coma o dixieland, o swing, o blues, o jazz, o soul ou o funk.
Rosolino Marinello: saxo alto
Sarunas Pupelis: saxo tenor
Ginés Guerra; trombón
Lolo Martínez: tuba
Noli Torres: batería
Sábado 21 de decembro ás 12h. na Praza da Peregrina – David Taboada Trío
Trío formado por tra músicos moi novos, coa presenza da contrabaixista cubana Judit Almeida, todo un referente no jazz galego actual, o pianista Mateo Sestelo e o baterísta David Taboada, dous xovencísimos músicos pontareáns que están chamados a ser referentes deste estilo musical en Galiza.