Apoio e adhesión á plataforma Queremos Galego

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra recoñece que a lingua galega se atopa nunha situación de emerxencia tal e como revelan os datos recentemente feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística. 

Van xa alá 80 anos dende Afonso Rodriguez Castelao, primeiro presidente de Galiza, afirmou que se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma, lembrándonos que outorgar á lingua galega o estatus de lingua de uso normal na Galiza compétenos a todos e a todas. Cómpre facer presente o valor incalculábel da lingua como patrimonio de todas e de todos, garantir o seu uso normal en todos os ámbitos da vida (no ensino, na administración, nos medios de comunicación . . .), investir recursos na súa promoción e adoptar medidas de promociñon social da nosa lingua.

Por isto, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra:

  1. Reafímase na defensa da lingua galega, patrimonio colectivo de todos os galegos e as galegas, e no dereito inalienábel de cada quen a coñecela e usala en calquera circunstancia e lugar, sen discriminación de ningún tipo.
  2. Comprométese a seguir facendo todos os esforzos que lle correspondan para garantir a condición de “lingua propia de Galiza” que lle outorga o Estatuto de Autonomía no artigo 5. 
  3. Inicia os trámitespara adherirse á Plataforma Queremos Galego, entidade social ampla que nace da vontade social de articular unha resposta popular a prol da lingua propia da Galiza e, máis concretamente:
    1. Apoia o acto do día 17 convocado pola devandita plataforma Queremos Galego baixo o lema Mudemos o rumbo. O galego ten futuro
    2. Asina o manifesto proposto por esta plataforma para recoller adhesións á amentada convocatoria.

Compartir publicación: