Fundación Moldes e Concello de Pontevedra buscan continuar a labor do pintor pontevedres con obradoiros para a cativada da man de Taller Abierto


Ademais da súa faceta como pintor, Manuel Moldes destacou tamén como docente, aspecto do que dá boa conta o seu paso pola facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde a sala de exposicións leva o seu nome. O seu afán por ensinar non estaba restrinxido ó ámbito universitario, sendo a cativada un dos seus públicos preferidos.

Querendo continuar con este labor, a Fundación Manuel Moldes organiza os obradoiros  ‘Achegamento á arte con Manuel Moldes’ dirixidos a nenas e nenos coa finalidade de achegar a arte a través da obra do pintor pontevedrés da man de Taller Abierto e coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Lugar: Sede da Fundación Manuel Moldes.

Datas: 16 e 30 de novembro e 21 de decembro.

Horario: 11:30-13:00.

Dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos acompañados por unha persoa adulta.

Prazas limitadas e de balde. Inscrición e máis información no teléfono 617340323.

Compartir publicación: