Search
Close this search box.

Pontevedra explicou o modelo de tratamento de residuos na World Urban Forum de ONU-Hábital 

O concelleiro encargado da xestión de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda fixo balance esta mañá da súa participación no World Urbana Forum (WUF) da ONU Hábitat celebrado o pasado fin de semana no Cairo. Trátase dun evento que se organiza cada dous anos centrado no modo de recuperación de espazos naturais, urbanos e rurais, como un exemplo de estratexia verde.

O concelleiro indicou que Pontevedra forma parte da Partnership Green Cities da Axenda Urbana da Unión Europea, da que tamén participa o Goberno de Croacia que estivo na cidade do Lérez na reunión que o grupo de traballo tivo na cidade a principios de ano. Daquela reunión xurdiu o convite para o WUF, na que Croacia tiña unha mesa de traballo e estaba interesada en coñecer o modelo de cidade.

“O que fixemos foi explicar como era Pontevedra; poñer Pontevedra como un exemplo de sostenibilidade por varias razóns: reducións de emisións, mobilidade segura e saudable, e recuperación do espazo público” indicou Xaquín Moreda. Tamén avanzou as accións medioambientais que se están a levar a cabo como os parques forestais, os paseos e sendas do Lérez e do Gafos e a Xunqueira da Gándara.

No WUF tamén abordou”outro apartado medioambientalmente moi potente: o modelo de tratamento de residuos”.

Compartir publicación: