Esta convocatoria, levada a a cabo desde a Concellaría de Xuventude, sufriu un incremento con respecto á anterior de case un 15% no número de participantes e máis do 17% no de proxectos.
Entre o 4 e o 30 de outubro, empresas, asociaciacións e persoas autónomoas relacionadas co eido da xuventude, achegaron proxectos para mocidade entre os 12 e os 30 anos
Os servizos técnicos municiapais, que traballan para elaborar o programa de lecer nocturno, destacan o nivel de calidade das propostas, o que vai dificultar a escolla
As actividades seleccionadas para a programación, terán lugar no primeiro trimestre de 2025
Ás 12 da noite do pasado 30 de outubro pechou o prazo de recepción de propostas para a XXVI edición de Noites Abertas. Os servizos técnicos municipais están estes días examinando os proxectos para elaborar o programa de lecer nocturno que terá lugar no primeiro trimestre de 2025 dentro da programación da Concellaría de Xuventude.
Trátase dun proceso moi complexo no que se xustifica a cada entidade os motivos da escolla ou non da súa proposta e mesmo adoita ser necesaria unha negociación con cada unha delas se se considera que a actividade que se propón desenvolver precisa algunha modificación nas datas, público ao que se dirixe, horario, lugar de celebración, etc. Estas modificacións e a escolla das actividades realízanse co obxectivo de completar un programa que atenda aos diferentes intereses da mocidade pontevedresa e que resulte equilibrado.
Nunha primeira achega ao contido dos documentos presentados, a equipa de traballo destaca o moi elevado nível de calidade, que vai dificultar a escolla e ordenamento no programa de NN.AA-2025.
Asemade, tras o peche da recepción de propostas compróbase un importante aumento da participación tanto das entidades que manifestan o seu interese en formar parte de NN.AA. como dos proxectos presentados.
En total 70 entidades participaron nesta convocatoria, o que supón un aumento do 14´75% con respecto ás 61 de 2024. Tamén tivo un incremento importante o número de proxectos, que acadou os 158, un incremento do 17’03% a respecto das 135 do ano pasado.
Nunha análise máis minuciosa por tipos de entidade o aumento prodúcese en todos os casos agás na cantidade de iniciativas presentadas polos grupos informais ou de xeito individual, cunha diminución do 10’71%, en principio achacábel a o maior grao de precisión no seu deseño.
NOITES ABERTAS 2025 CONVOCATORIA PÚBLICA DE PROXECTOS-PROPOSTAS | ||||
Tipo de entidade | Nº | Incremento | Nº de propostas | Incremento |
Clubes deportivos e Asociacións | 17 (16) | +6’25% | 35 (28) | +25% |
Persoas autónomas, empresas e cooperativas | 37 (31) | +19’35% | 98 (79) | +24’05% |
Grupos informais e persoas individuais | 16 (14) | +14’28% | 25 (28) | -10’71% |
TOTAL | 70 (61) | 14´75% | 158 (135) | 17’03% |
Edición de 2025 – Edición de 2024 |