A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o inicio do proceso de contratación do Plan de igualdade para o persoal municipal cun orzamento de licitación 53.752,17 euros e un prazo de execución de dous anos. A tenente de alcalde e concelleira de Réxime Interior, Eva Vilaverde explicou que o Plan de igualdade fará unha diagnose que actualizará a realizada no ano 2021 que amosaba que en ocupación de altos cargos e salarios estaban ocupados por mulleres, aínda que se detectaba que había outros servizos masculinizados como o caso do servizo de bombeiros ou da policía, e outros moi feminizados como benestar social e todos os relativos aos coidados. Eva Vilaverde explicou que era un reflexo da sociedade actual.
A Xunta de Goberno local tamén aprobou a actualización das tarifas do estacionamento de Montero Ríos que entrarán en vigor o 1 de Xaneiro de 2025. Pasan de 0,01962 euros/minuto ao pago de 0,0235 euros/minuto.