Detectouse a situación, cando se tratou de enchelo de gasóleo para probar a calefacción de cara ao inverno. A oficina técnica municipal acordou desgasificalo e inertizalo.
Mentres non se instala outro depósito permanente, a calefacción fornecerase de dous tanques de 2000 libros.
O Concello de Pontevedra vén de aprobar unha actuación de emerxencia no colexio de Educación infantil Final Casalderrey de Monte Porreiro para clausurar o depósito soterrado de gasóleo da calefacción do centro e instalar dous tanques provisionais para pasar o inverno. Así o informou o concelleiro de Educación, Demetrio Gómez na Xunta de Goberno desta semana.
Os servizos municipais detectaron que o depósito estaba cheo de auga no momento en que foron enchelo de gasóleo para probar a calefacción de cara ao inverno. Comprobaron que o depósito estaba deteriorado e acordaron baleirar o seu contido, desgasificalo e inertizalo cun árido, é dicir, inutilizalo.
Á par, xa está prevista a instalación de dous depósitos de 2.000 litros conectados á calefacción do centro para que non haxa problemas de confort neste inverno. Estes depósitos estarán nunha zona inaccesible e protexida dos cativos.
Esta actuación de urxencia ten un custe duns 25.000 euros. Unha vez resolta, o Concello iniciará o procedemento para a instalación dun depósito permanente no centro.