Search
Close this search box.

Benestar Social promove obradoiros de Disciplina Positiva para Familias para aprender a educar con amor, respecto, empatía e firmeza 

Organizados e impartidos por Semilla y Raíz DP van dirixidos a pai, nais e coidadores de crianzas de Primaria e adolescentes e impartiranse en tres quendas no mes de novembro 

Actividade é de balde mais precisa inscrición, que pode facerse a través do enderezo semillayriazdep@gmail.como ou no WhatsApp 623 992 002, xa que as prazas son limitadas 

A Concellería de Benestar Social que dirixe Anabel Gulías, promove obradoiros de Disciplina Positiva para Familias co fin de que proxenitores ou coidadores aprendan a entender o comportamento dos crianzas, a reconducir condutas e implementar habilidades comunicativas e colaborativas. Trátase dunha proposta educativa guiada por principios como o amor, o respecto, a comunicación, empatía e firmeza.

Os talleres -organizados e impartidos por Semilla y Raíz DP-  celebraranse no Pazo da Cultura (Seminario 3)  no mes de novembro, en tres quendas de dúas xornadas cada un:

  • Días 15 e 16 de novembro, venres (de 17.00 a 19.30 horas) e sábado (de 10.00 a 13.00 horas)
  • Días 22  e 23 de novembro, venres (de 17.00 a 19.30 horas) e sábado (de 10.00 a 13.00 horas)
  • Días 25 e 26 de novembro, luns e martes (de 17.00 a 19.30 horas)

Son gratuítos e teñen prazas limitadas polo que é necesario inscribirse. Pode facerse a través do correo electrónico semillayraizdp@gmail.com ou no WhatsApp 623 992 002.

Os obradoiros van dirixidos a pais, nais e coidadores de crianzas e adolescentes. Inclúen unha breve exposición teórica sobre a disciplina positiva, o modelo educativo popularizado nos anos 80 do século XX pola psicóloga e educadora estadounidense Jane Nelsen, mais serán eminentemente prácticos, con intercambio de experiencias, discusións temáticas e dinámicas de grupo. 

Traballarase en especial a introspección xa que a disciplina positiva pon o foco na conduta e reaccións adultas fronte a situacións de natureza infantil.

Semilla y Raíz DP, no seu afán por promover unha educación ancorada na empatía e o respecto, pretende que, concluído o taller, os participantes conten con ferramentas e estratexias efectivas para fomentar un ambiente de respecto mutuo, cooperación e autonomía no ámbito familiar ou educativo e que desenvolvan habilidades para promover condutas asertivas e adecuadas nas súas fillas e fillos.

Compartir publicación: