Search
Close this search box.

Aprobado o convenio para reurbanizar a pasarela do tren en Doce de novembro que permitirá sacar o proxecto a contratación 

Lores sobre a DANA: « Podo entender prefectamente o que están a pasar. Todo o apoio é necesario e poñémonos a disposición » 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores amouso esta mañá o « profundo pesar polas persoas fallecidas como consecuencia da DANA. Tamén toda a solidaridade e apoio ás familias, aos achegados, así como aos gobernos das comunidades autónomas e tamén aos concellos ».

Lores indicou que como alcalde « podo entender perfectamente o que están a pasar e imaxinarme que nos pasara algo así parecido, en fin…Todo apoio é necesario. Poñémonoss a disposición, sempre que haxa demandas».

O alcalde iniciou así a súa comparecencia posterior á reunion da Xunta de Goberno do Concello que aprobou a resolucion do vello convenio coa Deputación sobre o By-pass de Rosalía de Castro de hai catro anos que non puido ser executado « porque non tiñamos autorización de Costas. Obviamente caducou ese convenio e, por lo tanto, resólvese e iniciase a tramitación dun novo que implica un incremento da financiación que vai con cargo ao convenio da Diputación de 1.270.000 euros ».

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración coa Deputación para a reurbanización da pasarela sobre a vía do tren na rúa Doce de novembro cun investmento de 710.972 euros que executará o Concello. Esta aprobación permitirá ao Concello iniciar o proceso de licitación da obra.

Finalmente, a Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación á empresa API Movilidad o contrato de sinalización vertical e horizontal do Concello por un período de 4 anos máis un ano de prórroga. A adxudicación foi por 950.400 euros, cunha baixa do 24% ao respecto do prezo de licitación.

Compartir publicación: