Search
Close this search box.

A nena do aro volve á Fonte dos nenos

A escultura foi vítima dun acto vandálico en agosto de 2022. Rompéranlle unha perna por varios lugares e un pé. Durante este tempo, o canteiro encargado da reposición estivo buscando unha peza de cor similar á escultura actual e reparando a escultura para poder devolvela ao seu lugar. O concelleiro Xaquín Moreda achegouse até o lugar para ver o resultado da reposición da peza.

Compartir publicación: