Search
Close this search box.

A Escola Feminista da Mocidade do Concello de Pontevedra presenta un total de 6 propostas para rapazada de 15 a 35 anos durante o curso 24-25

Os formularios de inscrición para as actividades, que botan a andar a partir de novembro, estarán habilitadas esta mañá na web apuntate.pontevedra.gal

Entre as propostas desta 5ª edición a mocidade pode atopar cusos de teatro, empoderamento artístico e creativo, xestión do dó, cociña, etc.

Cabe destacar o ‘Círculo de empatía’ que, nacido durante a pandemia, é un espazo seguro para o encontro e a xestión emocional que continúa en funcionamento incluso nos meses que non hai programación


Na mañá de hoxe, o alcalde Miguel Anxo Fernánde Lores e o edil de Xuventude Demetrio Gómez recibiron ás respnsables da 5º edición da Escola Feminista da Mocidade: Paula Cheshire (deseñadora da campaña da Escola Feminista), Vicky Estévez da Asociación de Técnicas de Igualdade ATIXEGA (coordinadora do Círculo de empatía e facilitadora dos obradoiros de Xestión do dó e Teatro das Oprimidas), Marisa Maquieira (docente do Curso de Cociña e Corresponsabilidade para a Igualdade efectiva entre Homes e Mulleres), Elisabet Hillerud (responsable do Obradoiro de Zentangle: empoderamento artístico a través da creatividade e a meditación) e Reina D´Hoore (artista e coach responsable do Obradoiro artístico: coidado emocional e empoderamento creativo.)

AO remate da xuntanza o concelleiro Demetrio Gómez presentou acompañado de todas elas a ampla oferta de actividades que a Escola Feminista da Mocidade ten programadas para o curso 24-25. “Antes de darlle a palabra ás protagonistas desta Escola, quero salientar que estamos na 5ª edición da Escola Feminista porque é preciso que sigamos facendo esta actividade. Todos – e digo todos a propósito – temos moito que aplicarnos, moito que aprender e moito que traballar para conseguir eliminar o machismo e o patriarcado da nosa sociedade. As mulleres levan moita vantaxe e temos que aprender moito aínda para que isto mellore.

Este ano serán 6 actividades as que formule a Escola Feminista da mocidade, que se van desenvolver entre novembro de este ano e abril do seguinte, dirixidads a mocidade de entre 15 e 35 anos. Todas requiren de inscrición e hai un formulario, xa activo en apuntate.pontevedra.gal e tanto na oficina de Xuvenude, no seu web e no teléfono, poden dar a quen o solicite, información sobre este programa. Para rematar, destacar que as actividades son mixtas, porque a loita contra o machismo no é un asusto en exclusiva das mulleres. É un asunto que precisa de toda a sociedade para que sexa un éxito”, apuntaba o concelleiro antes de ceder a palabra as responsables das diferentes actividades.

Sobre o obradoiro de cociña, Marisa Maquieira comentaba que “imos tratar de facer esa corresponsablidade nese ambiente estupendo que é a cociña, e aínda que como dixo Demetrio os obradoiros son mixtos e as mulleres serán máis que benvidas, este obradoiro sí fai un chamamento maioritario aos homes.

Pola súa banda, Viky Estévez, que impartirá obradoiros de ‘Teatro das Oprimidas’ e ‘Xestión do dó’ “desde unha perspectiva feminista e non só centrado no falecemento senón nas diferentes perdas que cada persoa pode ter”, quixo destacar entre as iniciativas o ‘Círculo de empatía’ que é un espazo seguro que naceu despois da pandemia, onde as persoas poidan falar de cousas que lle importan, de emocións e sentimentos, e pásalo ben xuntas, xogar. Se alguén precisa dun grupo co que falar ou co que pasar o tempo, aí imos estar todos os martes na Casa Azul de 19 a 21h. a partir do 12 de novembro.”

Reina D´Hoore como responsable do obradoiro de ‘Xestión emocional a través da experiencia artística’, salientou que “a experiencia artística pode ser movemento expresivo, pintura, creación de obra conxunta, etc. É preciso abordar desde a expresión artística algúns temas dos que a xente non fala, cousas que están moi interiorizadas e que a expresión artística afonda nelas. Iso é o que vou facilitar”

Nesa mesma liña de aposta pola creatividade como medio de expresión terá lugar o obradoiro de ‘Zentangle: empoderamento artístico a través da arte, a creatividade e a meditación’ da man de Elisabet Hillerud que afirma que “con este taller de debuxo meditativo penso que imos conseguir, dese a calma e o estado de silencio, un espazo inspirador e empoderador a través da creatividade ao longo de oito semanas”

Po último tivo a palabra Paula Chesire, ilustradora do cartaz que “con esta imaxe que pode ser dun home e unha muller, dúas mulleres ou dous homes, ou dúas persoas non binarias, tven precidamente a intención de priorizar o vínculo entre ese suxeitos que aparecen, facer fincapé no vínculo afectivo, na relación. Que cada un pensé que son parella, amigos, irmás, etc, aquilo co que se sintan máis representadas”

Programa Escola Feminista da MocidadeDescarga

CÍRCULO DE EMPATÍA

Martes 12, 26 novembro, 10, 17 decembro 2024 e 7, 21 xaneiro, 4, 18 febreiro, 4, 18 marzo, 1, 15 abril 2025 de 19.00 a 21.00h. na Casa Azul (sala Valdecorvos).

Facilita: ATIXEGA Promotoras de Igualdade

CURSO DE COCIÑA E CORRESPONSABILIDADE PARA A IGUALDADE

A corresponsabilidade e a conciliación son claves para o benestar das persoas, a produtividade e o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta. Preferencia público masculino e maior de 15 anos

Xoves 14, 21, 28 novembro e 5 decembro de 18.00 a 21.00h. na Casa Azul (sala Valdecorvos).

Facilita: Marisa Maquieira

OBRADOIRO DE ZENTANGLE: EMPODERAMENTO ARTÍSTICO A TRAVÉS DA ARTE, A CREATIVIDADE E A MEDITACIÓN

Con Zentangle trazo a trazo todo é posible. Cando a mente está en calma e nos atopamos nun entorno seguro, favorécese o empoderamento como persoa e como artista.

Luns 18, 25 novembro, 2, 9 decembro 2024 e 13, 20, 27 xaneiro e 3 febreiro de 17.00 a 19.00h. na Casa Azul (sala Granda).

Facilita: Elisabet Hillerud

OBRADOIRO DE TEATRO DAS OPRIMIDAS

Tentaremos combater as estruturas da opresión analizando as relacións de poder e mediante xogos e exercicios teatrais.

Sábado 30 novembro de 10.00 a 20.00h na Casa Azul (sala Valdecorvos).

Facilita: ATIXEGA Promotoras de Igualdade

OBRADOIRO ARTÍSTICO: COIDADO EMOCIONAL E EMPODERAMENTO CREATIVO

Estratexias creativas a través de experiencias artísticas para a xestión emocional, do estrés e para ampliar o grao de “resiliencia” (capacidade de afrontar a adversidade saíndo non só fortalecidas, senón tamén acadando un estado de excelencia profesional e persoal) a través de experiencias artísticas.

Sábados 1, 8, 15 e 22 febreiro de 10.00a 14.00h. na Casa Azul (sala Granda e Almofrei).

Facilita: Reina D´Hoore

OBRADOIRO DE XESTIÓN DO DÓ (A DOR ANTE A PERDA)

Un percorrido polos distintos dós na vida, dende unha visión feminista, para contextualizalos e entendelos como proceso.

Sábado 15 marzo de 10.00 a 20.00h. na Casa Azul (sala Valdecorvos).

Facilita: ATIXEGA Promotoras de Igualdade

Compartir publicación: