O concelleiro Xaquín Moreda visitou esta mañá os traballos que consisten en crear un espazo peonil contínuo entre Víctor Said Armesto e a rúa Campo da Torre, garantindo a circulación e a seguridade da veciñanza.
O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda visitou esta mañá os traballos de mellora da accesibilidade que o Concello está a realizar no Campo da Torre. Son reformas que permitirá darlle continuidade peonil a todo o ámbito, porque «todos os cidadáns teñen dereito a gozar do espazo público», segundo explicou o concelleiro Xaquín Moreda.
A obras comezan na rúa Víctor Said Armesto onde se crea un novo paso de peóns cara a praza de Touros que permitirá permeabilizar a entrada ao barrio. Continúan até Almirante Matos para darlle continuidade ao circuíto peonil e cara a rúa Celestino Poza Pastrana onde xa se executa a reforma dun sobrante de vía pública infrautilizado para incorporalo á beirarrúa. Ademais, respéctase o arborado do lugar.
Finalmente, a concellaría que dirixe Xaquín Moreda está a refacer o entronque coa rúa Campo da Torre creando un espazo accesible ao retirar as escaleiras que baixaban cara beiramar substituíndoas por unha rampla. Nesta zona tamén se pintará un paso de peóns que permitirá o acceso á rúa Juan Villaverde e as vivendas máis antigas do barrio da Moureira.
2024-10-16 07:31:17 5 o-concello-mellora-a-accesibilidade-do-campo-da-torre-ampliando-e-rebaixando-beirarruas-e-retirando-escaleiras