Aberto o prazo para solicitar un posto no mercado de vendade flores da Ferraría con motivo do Día de Todos os santos 

O Concello de Pontevedra ten aberto dende hoxe e até este xoves o prazo para obter as solicitudes para a venda de flores na praza da Ferraría os días 30 e 31 de outubro, con motivo do Día de Todos os Santos. As persoas interesadas poderán pasar polas oficinas do Servizo de Educación e Promoción Económica, no edificio da Casa da Luz, na Praza da Verdura – 2ª planta, en horario de 10:00h a 12:00h, para escoller o posto.

O número de postos dispoñibles son 40 distribuídos da seguinte maneira: 8 postos de 2 m2, 14 postos de 4 m2, 6 postos de 6 m2, 7 postos de 8 m2, 5 postos de 10 m2.

Cada persoa poderá solicitar un posto e deberá formalizar a súa escolla  a través do Rexistro municipal antes do 15 de outubro, presentando a seguinte documentación:

  • Abono da correspondente taxa por ocupación de vía pública polas persoas solicitantes.
  • Presentación da solicitude cuberta e do xustificante de pago da liquidación da taxa polo número de metros a ocupa.

Mercadiño Rafael Areses

O Concello tamén acordou adiantar para este venres, 11 de outubro, o mercadiño da rúa Rafael Areses por coincidir o sábado, 12 de outubro, en festivo.

2024-10-07 10:59:29 5 aberto-o-prazo-para-solicitar-un-posto-no-mercado-de-vendade-flores-da-ferraria-con-motivo-do-dia-de-todos-os-santos

Compartir publicación: