O concelleiro Xaquín Moreda visitou esta mañá o derrube causado polo temporal no acceso á estación de bombeo que tamén afectou á senda do Lérez. Ambos pasos están pechados para evitar posibles danos persoais.
Moreda explicou que é urxente a reparación do vial xa que por el vai unha canalización de 500cc de auga potábel para a cidade que se pode ver comprometida con este derrube. Ademais, é preciso repoñer o vial e a senda.
O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda visitou esta mañá en compañía dos técnicos municipais o derrube da estrada que une o barrio de Monte Porreiro coa estación de bombeo de auga potábel no río Lérez a consecuencia do temporal desta semana. Este derrube ocasionou a caída dun gran noiro sobre a senda o Lérez, e incluso, sobre o propio río. Tanto a estrada afectada como a senda permanecen pechadas para evitar posibles danos persoais.
O concelleiro explicou que «hai que facer unha obra de emerxencia para restituír o paso das sendas do Lérez, que é o moi utilizado por toda a cidadanía, e tamén para dar de acceso á estación de bombeo ». Indicou que « un dos problemas graves deste desprendemento é por ese vial vai unha tubaxe de 500 -de auga potábel » que abastece á cidade. Ante esta situación, o concelleiro adiantou que hai que consolidar o terreo « para que non siga caíndo».
Aínda que a actuación se fará « o máis rápido posíbel », Xaquín Moreda aadiantou que estará uns meses pechado porque, cando menos, hai que facer un estudo xeotécnico do terreo xa que neste punto xa se fixera unha reparación anos atrás co resultado actual, e tamén será preciso facer, alomenos, un muro de contención.
2024-09-27 14:57:37 5 o-concello-reparara-por-emerxencia-o-acceso-ao-bombeo-do-lerez-e-repora-a-senda-fluvial