Serán 5 espectáculos, de creación propia, protagonizadas por diferentes grupos de teatro pertencentes a diferentes parroquias da cidade e concellos próximos
Terán lugar o xoves 26 e venres 27 de setembro e os días 2,3 e 4 de outubro ás 20.30h. no Teatro Principal.
As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2€ en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal
Manuel Solla, coordinador do ciclo, quixo antes de debullar a programación, agradecer a sensibilidade e colaboración do Concello con este proxecto que “é un producto cultural de cercanía para dar visibilidade aos grupos de teatro afeccionado de Pontevedra e a súa contorna. Damos valor ao traballo que fan como dinamizadores culturais dos compoñentes, que adoitan ser veciños que fan representacións nos seus centros, organizan festivais de teatro convidando a outros grupos, etc. Fan a produción, as montaxes, ensaios, etc. É unha gran labor”
Xoves 26 de setembro ás 20.30h. no Teatro Principal
“Triste chegada” do grupo Amileños (Moraña)
Unha comedia costumista, ambientada na Galiza interior que amosa a convivencia dunha aldea, o traballo dos xornaleiros/as, a volta da emigración dunha veciña chegada das Américas logo de 8 anos aló, as relacións dos veciños, etc.
Venres 27 de setembro ás 20.30h. no Teatro Principal
“Que facemos con mamá?” do grupo Salcedo Norte
Cando os nosos maiores se volven dependentes é preciso acadar un complicado consenso familiar. Aflorarán os máis variados sentimentos: preocupación, indiferenza, desleixo, hipocrisía… Todos terán que colaborar no coidado da avoa, serán quen de facelo axeitadamente?
Unha comedia contemporánea que fai reflexionar sobre a problemática social e visibiliza e concienciencia sobre a enfermidade do Alzheimer
Mércores 2 de outubro ás 20.30h. no Teatro Principal
`”Os limpas” de Expresión Teatro (Mourente)
Unha comedia xestual, trepidante, creativa e moi dinámica que non vai deixar indifernte ao público. Uns limpadores transforman o seu traballo nun mundo único de creación, orixinalidade, xogo e humor onde nada é o que parece, sorprendendo constantemente.
É unha obra familiar a que poden ir nenos e nenas, con moitos efectos sorprendentes, diferente. A xente sae eufórica. É unha invitación a disfrutar co neno interior.
Xoves 3 de outubro ás 20.30h. no Teatro Principal
“A chegada de Carmiña ” da Aula Municipal de Teatro da Illa de Arousa
Carmiña chega a súa casa despois de estar emigrada. Esta comedia costumbrista de ambiente mariñeiro conta a reflexa a vida mariñeira dunha aldea que ben podría ser a Illa de Arousa, as duras condicións que as veces obrigan a emigrar e os pintorescos persoaxes desta vila.
Venres 4 de outubro ás 20.30h. no Teatro Principal
·”RESART, Residencia de artistas” do grupo Lúa Chea (Poio)
(Homenaxe @s maiores do grupo, baseada na compañeira que foi para unha residencia pero sigue con nós)
Resart é unha residencia de artistas actores, actrices , cantantes, etc. e teñen en común que todos foron compoñentes do grupo “Lúa Chea”. Tod@s estan cerca dos 100 anos algún ata xa os pasou pero manteñen as súas ilusións, teimas e desexos de seguir ensaiando, actuando, etc.
Comedia emotiva
2024-09-26 13:20:26 29 o-principal-acolle-un-ano-mais-o-ciclo-de-teatro-afeccionado-teatro-de-barrio-a-partir-deste-xoves-26