Entre a programación, seleccionada por Baobab Teatro, cabe destacar a estrea dun espectáculo de ópera da man de Bonnie Cooper ou a despedida dos escenarios de Pavís Pavós
A venda anticipada de entradas a un prezo de 3€ + gastos está xa activa en Ataquilla.com. A taquilla física abrirá unha hora antes de cada pase de non esgotarse as entradas previamente
A inauguración e a guerra da almofadas, de balde, requiren tamén para control do aforo, a retirada de convites unha hora antes do evento na billeteira, ata un máximo de 4 por persoa
O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez anunciaba esta mañá acompañado de Andrea Bayer de Baobab o regreso do Festival das Núbebes que festexa nesta edición o seu 10º aniversario.
Terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de outubro entre o Teatro Principal, a súa sala de usos múltiples e a Casa das Campás e ten xa activada a venda anticipa de entradas a través da plataforma Ataquilla a un prezo de 3€+ gastos.
“Con esta rolda de prensar presentamos xa a programación teatral completa”, comezaba Demetrio. “Quizáis para o público máis importante de todos xa que é o máis novo, o que está aprendendo como é o teatro e temos que meterlle o bicho na cabeza e no corazón desde que son ben pequerrechiñas e pequerrechiños. Chega a 10ª edición do Festival das Núbebes a Pontevedra grazas a que temos en Pontevedra a Baobab Teatro, que é un luxo para esta cidade. Se non estivesen eles non poderiamos ter esta cousa tan linda que son as Núbebes.
Será as dúas primeiras fins de semana de outro, os días 5, 6, 12 e 13. Vai ser unha programación do máis completo que se pode facer para bebés e cativada, do mellor que se pode traer. Priorizamos coma sempre ao público ao que vai destinado, que é cativada a ta sete anos, pero as persoas adultas acompañantes van gozar tamén cos espectáculos”
Pola súa banda Andrea Bayer de Baobab Teatro, responsable da programación destacou “a emoción de volver coas Núbebes. É un festival moi demandando e querido. Arrincamos o día 5 e estamos moi contentos porque vai haber unha estrea dun grupo de Pontevedra, Bonnie Cooper.
Un espectáculo de ópera cunha soprano que vai ser todo un reto pero penso que as pequenas e pequenos van agradecer. É público moi esixente porque non teñen contemplacións, as veces choran non porque non lles guste o espectáculo, senón porque nese momento teñen algunha molestia. Nós apostamos pola primeira infancia como dixo Demetrio pero pensamos moito nas persoas que acompañan a estas personiñas pequenas porque, non poden vir soas de ningunha maneira. Son espectáculos pensados para toda a familia, o acubillo, ese momento de lecer xuntos, permitindo que veñan sempre o papá e a mamá.
No progama hai actividades máis específicas, de 0 a 3 perso hai actividades nas que pode vir toda a familia. Haberá contos, teatro, este ano tamén moito concerto, temos de tódalas artes. Estará Roque por susposto, na inauguración como nun espectáculo e temos tamén unha despedida: o grupo Pavís Pavós pn punto e final aquí no noso festival. É super importante porque para nós son tamén amigos, formaron parte das Núbebes desde o principio e aportaron moito á primeira infancia. Tiñan que estar si ou si porque é a última vez que os imos poder ver e é un luxo que non nos podemos perder”
A modo de anécdota, Andrea comentou que “na inauguración adoitamos subir sempre algún bebé amigo e este ano levaremos á bebe máis pequeniña de toda a historia das Núbebes: Amelia, que ten agora 6 días”.
2024-09-25 12:10:16 29 o-festival-das-nubebes-festexara-a-sua-10a-edicion-os-dias-5-6-12-e-13-de-outubro-no-teatro-principal-e-a-casa-das-campas