Search
Close this search box.

O Concello reafirma a súa aposta pola creación músico-cultural cos programas para cativada e mocidade RockLab, Xeración Sónica e o Local de Música


O RockLab está destinado a nenos e nenas dos 4 aos 12 anos mentres que Xeración Sónica traballa con rapazada dos 13 aos 17 anos

Ambos, coordinados por Gonzalo Maceira, abren esta mañá o seu prazo de inscrición na plataforma www.apuntate.pontevedra.gal

Pola súa banda o Local de Música ofrece tanto espazo para ensaiar como titorización e asesoramento sobre a creación musical, a xestión de eventos ou aspectos non tan creativos como facturación, xestión de permisos, etc.

Para acceder aos servizos do Local só é preciso establecer contacto a través do seu web www.localdemusica.gal/

O produto deste itinerario formativo, forma parte da programación cultural da cidade en eventos como o Salón do Libro, o Incode Fest,  os Recreos ao vivo, etc.

O concelleiro de Cultura e Xuventude e Cultura, Demetrio Gómez presentou esta mañá a aposta pola creación músico-cultural do Concello de Pontevedra da man de Gonzalo Maceira como responsable dos proxectos RockLab e Xeración Sónica e Diego Parajó, do Local de Música.

Pontevedra é unha cidade cunha moi importante potencia creativa que se manifesta en moitísimos proxectos que se desenvolven nesta cidade e entre eses proxectos – que non son os máis pequenos aínda que se dirixan á poboación máis noviña – están o RockLab e Xeración Sónica. Ambos son proxectos xa bastante asentados no tecido creativo e cultural e o obxectivo agora e afinazar a relación destes dous procesos co resto do tecido creativo de Pontevedra. Isto xa comenzamos a facelo en anos anteriores e nomeadamente na anterior edición onde se continuou o itinerario formativo a través do Local de Música  e a través de proxectos como o Salón, o Incode ou os Recreos ao vivo, etc.

Este ano o obxectivo do itinerario formativo que forman o RockLab e a Xeración Sónica é afianzar esas relacións co resto do tecido de Pontevedra, por unha parte mellorando a relación co Local de Música onde esa formación pode continuar en idades xa un pouco maiores e por outro lado, afondando na posibilidade de que teñan estes nenos e nenas, de crear en Pontevedra e de ensinar toda a experimentación artística e musical que van facendo cos seus profesores e profesoras, por exemplo, mantendo a  posibilidade de que actúaen, participen e creen para o Salón do Libro.

Agardamos que este sexa un ano moi fructífero, que os nenos e nenas de Pontevedra que xa participan destes dous proxectos continúen, e que as novas incorporacións, que poden participar no proceso de inscrición a través dos formuarios activos no apuntate.pontevedra.gal, nos sirvan para medrar”

Gonzalo Maceira, quen xunto á equipa de profesores e profesoras do RockLab (de 4 a 12 anos) e Xeración Sónica (13 a 17) forman e acompañan a máis de 100 nenos e nenas, apuntaba que “estar este ano no RockLab é unha oportunidade bastante espacial, porque xa son 10 anos de RockLab. O que comezou como un proxecto de formación musical e  investigación en pequenos proxectos musicais e audiovisuais en grupos, mudou moitísimo ata converterse nunha liña que acolle a nenos/as de 4 anos e ás súas familias e os acompaña ata que crean os seus proxectos propios ou os publican. Permite dar os primeiros pasos cara a profesionalización, por iso agora estamos intentando vinculalos co Local de Música e que o Local colla ese relevo dos alumnos que estaban traballando con nós, como fixemos o ano pasado por primeira vez cunha das bandas que estaba traballando en Xeración Sónica, “Maloserá” e este ano imos repetir con “Vermes” e “Rek” que van tomar a súa independencia e entre o Local De Música e o equipo de Xeración Sónica, tentaremos titorizar.

É moi importante tentar relacionar o noso proxecto con toda a cidada. O ano pasado establecemos colaboración coa Sinfónica de Pontevedra e a súa sección Xove e tentaremso estar outra vez na mesma liña. Chamar a proxectos formativos que sexan de relevencia no nosa cidade. Este ano por primeira vez, e xa que estamos en relación co Salón do Libro, contaremos coas voces do ensino de educación primaria. Faremos unha actuación sorpresa porque son 10 anos do RockLab e vai ser unha auténtica pasada. Estaremos na clausura con moitos invitados e facendo unha festa inolvidable”

Pola súa banda, Diego Parajó, da dirección do Local de Música salientaba a importancia de que “cando a rapazada chega aos 16-17 anos ten a posibilidade de acceder a un equipamento municipal como é o Local de Música. Tanto a xente que vai gozar da práctica cultural, con grupos de amigos que usan ese tempo para facer música como outros o empregan para facer deporte. Este espazo permite que a xente teña unhas condicións dignas para facer isto, cun equipamento que agora mesmo renovamos. E por outra banda, o feito de conéctalo co itinerario formativo ao longo dos anos, fai que o Local se convirta nunha especia de centro de estudos , que non o é oficialmente, pero estamos a facer un esforzo grande  para que se convirta, en algúns deses proxectos, nun traballo de orientación laboral. De tal maneira que os grupos logo de pasar por todo ese itinerario, poden atopar formación e capacitación a outro nivel,non tanto no tema musical como en temas que teñen que ver con como sacar para adiante eses proxectos culturais. En algún casos son ideas de grupos de música pero noutras deriva en selos discográficos, organización de eventos ou festivais, etc. O LP1 que é máis ben de acollida aos grupos que están chegando ao Local pero o Lp2 e o LP3 xa son liñas máis concretas: o 1, adicado ás aprendizaxes vinculadas a tocar en directo, os coñecementos técnicos precisos, legalidades, contratos, etc.  e o 2,  adicado traballar en estudio con gravacións, maquetas. Ambas liñas van combinadas con formacións en software musical, charlas sobre temas xuridicos e legais. Vaise construíndo todo un itinerario, pero neste caso a xente ten liberdade, ten que decidir escoller este camiño ou simplemente, empregalo como un espazo de lecer

Un dos resultados que estamos a ver é que moitas persoas que acceden ao Local con 16 anos acaban derivando as súas carreiras e estudos profesionais a saídas artísiticas: son, iluminación, temas de escénica, xestión de eventos. Estamos axudando a construír carreiras profesionais e que na parte musical, saen da clase estricta de aprender a tocar un instrumento para convertese en todo un proceso de aprendizaxe onde ven e viven unha serie de experiencias moi ricas grazas a esta coherencia de entrelazar todos os proxectos municipais que están enfocados a música e a cultura. Poucas cidades teñen esto” remataba.

A vía para acceder ás prazas vacantes no RockLab e Xeración Sónica e inscribirse no proceso selectivo a través dos formularios abertos desdes esta mesma mañá na web apuntate.pontevedra.gal

Para os diversos usos do Local e as súas propostas de titorización, pódese establecer contacto a través do web https://www.localdemusica.gal/

2024-09-23 15:20:07 29 o-concello-reafirma-a-sua-aposta-pola-creacion-musico-cultural-cos-programas-para-cativada-e-mocidade-rocklab-xeracion-sonica-e-o-local-de-musica

Compartir publicación: