O Concello esixe que todos os contedores teñan chips para coñecer o seu estado de conservación.
A limpeza e mantemento deste mobiliario urbano e a contorna na que se situarán, é un capítulo esencial no novo contrato que vén de ser aprobado pola Xunta de Goberno.
Instalaranse colectores de pilas, ademais dos habituais de envases, papel-cartón, vidro, orgánica e resto.
O novo contrato de xestión dos residuos que vén de aprobar o Concello de Pontevedra propón un salto adiante no sistema de recollida dos residuos municipais. Aposta pola renovación de todos os contedores do concello, tanto no ámbito urbano como no rural, e propón a colocación de cinco colectores para as fraccións principais: vidro, papel-cartón, envases, resto e orgánica. A limpeza e mantemento de colectores e dos espazos que ocupan será obxecto de especial seguimento na nova xestión, e a dixitalización será indispensable para lograr un servizo eficiente propio do século XXI.
A proposta municipal pasa por dotar ao concello con 4.285 colectores dos que 3.251 serán para as fraccións principais (incluídas as reposicións). O investimento final é de 3.277.815 euros.
Inversións en contenerización | ||
Unidades | Contedor | Prezo |
520 | Carga traseira 800-1000 lts | 144.820 € |
2122 | Carga lateral recollida selectiva 3.000 lts (incl reposicións) | 2.512.917 € |
609 | Carga lateral recollida 2.000 lts (incl reposicións) | 564.914 € |
484 | Contedor 30 lts para pilas (incl reposicións) | 35.090 € |
550 | Contedor 10 litros para pilas (incl reposicións) | 20.075 € |
4285 | 3.277.816,00 € |
O sistema de recollida de residuos está previsto en cinco colectores principais: vidro, cartón-papel, envases, resto e fracción orgánica. Complétase cos composteiros individuais e colectivos e coa recollida de residuos especiais (voluminosos, domésticos…).
Este sistema de colectores é unha proposta municipal pero «o licitador poderá realizar unha proposta diferente que puidese redundar nunha maior calidade e eficiencia do servizo (ambiental e económico)». Os colectores cumprirán a normativa vixente, serán accesibles para persoas con mobilidade reducida, de fácil manexo, mantemento e limpeza. Ademais, o prego ten en conta os materiais de fabricación para que sexan reciclados e redunden na redución da pegada de carbono.
O servizo inclúe o mantemento e conservación dos contedores e, por similitude, os de composteiros individuais (COINs) e colectivos (CCC), así como a súa reposición e reforzo, o lavado, desodorización e desinfección e tamén a limpeza da zona de influencia onde se sitúen.
Onde irán situados os colectores?
Para determinar a colocación dos contedores terase en conta:
- En cada área haberá un contedor das seguintes fraccións: orgánica, resto, vidro, papel-cartón e envases.
- Se a recollida é na beirarrúa, sempre se colocará un colector de orgánica e de resto. Os colectores de selectiva será en función da densidade de poboación da rúa.
- Terase en conta o criterio de proximidade dos contedores aos usuarios na vía pública para participar na recollida selectiva.
A futura concesionaria poderá propoñer modificar itinerarios e localizacións dos contedores alternativos sen que supoñan unha situación de perigo ou risco -respectando a visibilidade en pasos de peóns, cruces e rotondas-, nin unha diminución da calidade do servizo, e sexan previamente aprobados polo Concello.
Nas rutas de recollida terase en conta a densidade residencial, a poboación, a súa dispersión, a estacionalidade, e farase en función dos graos de enchido dos contedores, así como os convenios estipulados para as distintas fraccións con Ecoembes, Ecovidrio etc.
A concesionaria poderá propoñer outra modalidade de recollida a condición de que cumpra coa normativa vixente en cada momento, que o deseño ofertado minimice roturas e desbordamentos dos residuos, que teña mínimas interferencias co tráfico rodado, e que o modelo de recollida conte coa aprobación previa do Concello.
A futura empresa é responsable de que exista unha porcentaxe (polo menos do 1%) de contedores, COINs e CCC, de cada tipo, como reserva inmediata para facer fronte a posibles eventualidades, así como ampliación e axustes do servizo.
A compra dos colectores correrá a cargo da concesionaria, que terá a obriga de repoñer os existentes cando non cumpran as condicións de uso.
Informatización dos contedores
Un dos propósitos do novo contrato de xestión de residuos é ter unha base de datos actualizada sobre a localización deste mobiliario urbano, por iso a empresa realizará un inventario en soporte dixital, xeorreferenciado, dos contedores, COINs e CCCs instalados no que se reflectirán os datos necesarios para a súa perfecta identificación.
Para iso cada colector e composteiro deberá estar identificado de forma individual mediante un sistema de localización por radiofrecuencia tal que o sistema de transmisión de datos estea en combinación cos equipos instalados nos vehículos de recollida (no caso dos colectores) e nos equipos transportados polo persoal encargado das tarefas de compostaxe (no caso de COINs e CCCs).
Limpeza, mantemento e resposición dos colectores
O bo estado de uso dos colectores é un capítulo fundamental do novo contrato. Unha das esixencias é garantir un plan de lavado dos contedores e composteiros, especificando a periodicidade de lavado e a metodoloxía (limpeza interior e/o exterior, lavado “in situ” ou lavado con traslado dos contedores, mecanizado ou manual, etc).
Este lavado, desodorización e desinfección pódese efectuar con auga quente ou fría. Para os contedores, a limpeza farase de forma mecanizada mediante equipos montados en auto camión ou túnel de lavado previo traslado dos contedores. Tamén se executará o lavado manual con hidrolimpadora, sobre furgoneta, e operarios con cepillos e outros útiles de limpeza.
A esixencia temporal mínima do Concello é a seguinte:
Fracción resto | |
Nº de lavados /mes | |
Verán (xuño a setembro) | 4 |
Inverno (outubro a maio) | 2 |
Fracción envases | |
Nº de lavados / ano | |
Carga Lateral | 7 |
Carga Traseira | 6,5 |
Carga Superior ou Iglú | 6,5 |
Papel – Cartón | |
Nº de lavados / ano | |
2 | |
Vidrio | |
Nº de lavados / ano | |
4 |
Cada vez que se faga unha limpeza do contedor deberá quedar rexistrada no seu chip incluíndo a data e tipo de limpeza efectuada e incorporada no sistema de seguimento.
As operacións de limpeza, mantemento e reposición dos contedores e CCCs incluirán a limpeza de pintadas, adhesivos… e todas estas operacións quedarán rexistradas no sistema de seguimento.
Ademais, farase un especial seguimento á limpeza e baldeo da contorna dos colectores e dos composteiros comunitarios, de forma que non permanezan restos de calquera natureza na súa proximidade, incluíndose calquera operación precisa para manter unha estrita limpeza e mantemento dos mesmos.
O seguimento deste mobiliario de recollida de residuos permitirá detectar os que se atopen en mal estado para substituílos ou reparalos.
Dotación mínima de contedores
A dotación mínima dos colectores en función da localización, poboación e número de litros de residuos, é a seguinte:
Dotación fracción resto | ||
Zona | Poboacional | Territorial |
Casco urbano | 1UD. Cada 60 persoas / 30 vivendas | 150 m. entre Domicilio e Punto Depósito |
Rural | 1UD. Cada 40 persoas / 20 vivendas | 200 m. entre Domicilio y Punto Depósito |
Dotación fracción envases (Lts/hab) | ||
Sistema Contenerización | ||
Carga Superior | Carga traseira | Carga Lateral |
6,25 | 8,33 | 8,00 |
Dotación de contedores papel cartón (lts/hab) | ||
Zona | Carga Superior | Carga traseira |
Urbana | 6,00 | 7,69 |
Semi Urbana | 7,50 | 9,38 |
Rural | 10,90 | 13,63 |
Dotación de contenedores vidrio (habitantes por contenedor) | ||
Urbana | 400 | |
Semi urbana | 300 | |
Rural | 200 | |
* Tamaño mínimo contenedor: 2.500 litros |