O acto inaugural terá lugar o 18 de setembro ás 19.00h. e permanecerá instalada na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura ata o 13 de novembro
Comisariada por Sabela Fraga conta con Melania Freire como directora de arte e Noa Díaz coordinando o proxecto conta con numeroso material fotográfico, instrumental, sonoro e pezas inéditas, achega de compoñentes do grupo, institucións e particulares
Próximamente anunciarán as datas das visitas guiadas da man de membros da agrupación, ás que será posible asistir mediante inscrición previa na web apuntate.pontevedra.gal
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez acolleu esta mañá a visita dos membros de Fuxan os Ventos Tereixa Novo, Carmen Vázquez, Xosé Vázquez e Xoán Fuertes, para prensentar a mostra que, entre o 18 de setembro e o 13 de novembro, achegará á cidade de Pontevedra 50 anos de historia da agrupación musical.
“O día 18 deste mes ás 19h. inauguramos na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura unha exposición sobre os 50 anos de Fuxan os Ventos que son 50 anos de orgullo de país, de cultura galega posta en pé, ao servizo do pobo galego. Para min e moita xente da miña xeración foi prácticamente o primeiro contacto cunha cultura galega contemporánea, moderna, actualizada, que podía competir en igualdade con calquera cultura do mundo. De todo iso e de toda esa historia de 50 anos é do que fala esa mostra sobre Fuxan. Material gráfico, sonoro, textos, material inédito, documentos da censura, algunha canción censurada e realmente é unha exposición digna de ver para coñecer a Fuxan, para coñecer o que Fuxan é na historia de de Galicia e coñecer a historia deste país, de onde vimos. Queremos convidar a esa inauguración a todos sos pontevedreses e pontevedresas porque teremos uns afitrións de luxo para amosarnos a expo eses día, explicarnos o que alí podemos ver e, se temos sorte, podemos ver algunha sorpresa”, convidaba Demetrio.
Tereixa Novo tomou a palabra xa que, xunto a Carme e Xoán “somos os que levamos no grupo dende o seu coomezo co cal vivimos en primeira persoa toda a historia de Fuxan os Ventos. Quereo empezar facendo unha crítica popular, xa que se non acordamos nós acordamos facer a exposición, non a tería feiro nadie. Non interesa ao mellor coñecer a historia de Galicia dende a perspectiva que Fuxan os Ventos a viu sempre. Levabamos tempo pensando facer algo polos 50 anos, que partiu a iniciativa do propio grupo e a través dun grupo de mulleres todas, moi traballadoras, se puxo a funcionar baixo o comisariado de Sabela Fraga, a dirección artísitica de Melania Freire e coa coordinación e producción de Noa Díaz.
A idea era dar unha visión completa da historia do país a través de Fuxan os Ventos: empezamos no ano 72 (fixemos os 50 anos no 2022) e son 50 anos da historia dun país que tiveron moitísima importancia. Atrévome a dicir que é unha exposición de país desde unha perspectiva musical, cultural, tradicional pero cos pés na terra e sendo moi conscientes de toda a problemática que todo o país viviu neses anos. E polo que vemos, seguimos cos mesmos problemas que denunciamos durante moito tempo. Por outra banda, atopámonos co problema de que tiñamos moi pouca información e moi espallada. É unha exposición coa que colaborou moitísima xente porque contactamos con asociación culturais, escritores e escritoras, institucións. Compilamos tamén as anécdotas e lembranzas de moita xente que pasou por Fuxan, e foron saíndo cousas que uns lembraban e outros non. A labor de comisariado foi moi importante tanto nesa investigación como para dar estrutura a todos eses recordos.
A idea era facer a exposición nas 7 grandes cidades. A primeira foi en Lugo, no Vello Cárcere, coincidindo nun 22 de outubro que fora a primeira vez que actuáramos como Fuxan os Ventos en 1972 na San Lucas de Mondoñedo. Logo estivemos en Santiago, en Coruña, agora grazas ao Concello, chegamos a Pontevedra” apuntaba Tereixa
Medio século despois do seu nacemento, a mostra pretende lembrar unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través da ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal e as achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país.: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras, letras censuradas e audios inéditos son algunhas das pezas a través das cales poder mergullarse na cronoloxía e no universo creativo de ‘Fuxan os Ventos’.
A inauguración o vindeiro mércores 18 ás 19h. contará coa asistencia da comisaria Sabela Fraga e varios membros da agrupación que intercalarán explicacións sobre a mostra e anécdotas con pinceladas musicais.
A mostra permanecerá instalada e visitable no Pazo da Cultura ata o 13 de novembro no horario habitual de visita de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h. e de 18 a 21h. e domingos e festivos de 12 a 14h. Os luns, permanecerá pechada.
Terán lugar varias visitas guiadas da man dos/as integrantes. Unha vez comunicadas as datas, abrirase a inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal
2024-09-11 12:28:10 29 chega-a-pontevedra-a-mostra-fuxan-os-ventos-50-anos-de-historia-que-pon-en-valor-o-percorrido-da-emblematica-agrupacion-musical-galega