Search
Close this search box.

O CEIP Parada de Campañó estrea nova distribución da mobilidade para garantir a seguranza da cativada na entrada ao colexio 

O alcalde achegouse até o centro de ensino para ver o resultado dos traballos para mellorar a seguranza dos alumnos do colexio, así como a recuperación do Lavadoiro da Vila, situado no lugar.

O Concello realizou obras de mantemento en distintos centros de ensino de Infantil e Primaria de Pontevedra para que estean listos no inicio do curso. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros do Rural e de Educación, María Xosé Abilleira e Demetrio Gómez visitaron esta mañá en compañía dos técnicos municipais as obras de mellora da seguranza viaria na contorna do CEIP Parada, Campañó. A obra foi adxudicada á empresa COVSA por 350.920,96 euros.

A actuación consistíu na mellora dun vial de conexión do lugar, dun camiño e dunha senda que entrelazan o CEIP, onde había que resolver un problema de seguranza viaria do alumnado do centro, e varios elementos patrimoniais do lugar: un lavadoiro e unha fonte, xerando ademais, novos espazos de convivencia.

No ámbito do colexio, acordouse facer un lugar para deixar os cativos e cativas sen conxestionar a vía e eliminando o tráfico do tramo do colexio cara o norte. Modificouse a vía adxacente que se alongou e creouse unha área na que os pais deixan aos fillos no centro e non colapsan integramente o vial. Unha vez no colexio, creáronse tres ramplas completamente accesibles que distribúen os fluxos de entrada segundo o medio de transporte. Estas tres ramplas están protexidas por tres muretes que modifican o aspecto exterior do CEIP. Tamén se mellorararon os portalóns e os peches. O pavimento, ao igual ca os muros executouse en formigón de árido visto.

  Outro dos puntos nos que se actuou neste proxecto é na contorna do Lavadoiro da vila onde se creou un espazo de estancia con sombra natural. Tratouse dunha intervención mínima creando tres muretes baixos que permiten facer accesible o lugar. Tamén se incluíu sinalética e elementos de xestión da auga. 

Os viais foron tratados en distintos tipo de pavimento segundo a súa utilidade: asfalto nos viais e formigón nas  sendas.

O alcalde aproveitou a súa visita a Campañó para saudar á dirección do centro de Parada e desexarlle bo inicio de curso. Tamén deixou material promocional dos fondos europeos da Estratexia DUSI Máis Modelo, Pontevedra para todos os integrantes do centro: escolares, profesorado e persoal asistencial.

Melloras nos centros de ensino

Esta actuación, pendente de pequenos remates, é unha das grandes actuacións que realizou o Concello de Pontevedra nos centros de ensino ou na súa contorna con motivo do inicio do curso escolar que comeza mañá. Outras actuacións que o Concello realizou en centros de ensino son:

  • Galiña Azul A Parda
    • Instalación atrapa-dedos en portas
    • Pintado de paramentos verticais
    • Reparar picaporte porta acceso
  • CEIP Cabanas
    • Sustitucion de persianas
    • Instalación de porteiro eléctrico con 2 puntos de atención dentro do cole
    • Limpeza canlóns
    • Retirada castelo parque infantil
    • Fixar encerados en patio
    • Reparación fechadura porta principal.
  • CEIP Mourente
  • Reparacion persianas
  • Pintado de paramentos verticais
  • Reparación acometida xeral auga.
  • Limpeza canlóns.
  • CEIP San Martiño-Salcedo
    • Limpeza rede de fecais e nova canalización de pluviais
    • Pintado de paramentos verticais
    • Nova cancilla acceso exterior
    • Pavimentado novo antiescorregadizo patio exterior restante
    • Tratamento pavimento exterior antiescorregadizo antiguo
    • Limpeza canlóns
    • Retirada postes madeira parque infantil
    • Reparación motor portal corredeira
    • Reparación metálica porteria pista deportiva
  • CEIP A Carballeira
    • Reparacion areneiro con achega de madeira e area
    • Reparación con achega de novos elementos a parque infantil
    • Reparación persianas
    • Pintado de paramentos verticais
  • CEIP Álvarez Limeses
    • Reparación persianas, fechadura portal, instalación sebe artificial en peche paralelo a rúa.
    • Reparación con achega de novos elementos en parque infantil
    • Instalación de cortiza en paramentos verticais.
    • Nova porta en rexistro acometida auga
    • Reparación esquinal madeira vestíbulo
    • CEIP Crespo Rivas
    • Instalacion pavimento caucho
    • Limpeza canlóns
    • Retirada xogo infantil con transporte a xestor de residuos.
  • CEIP Barcelos
  • Pintura interior vertical e horizontal e iluminación semisótano
  • CEIP Marcón
    • Instalación pavimento de PVC.
    • Demolición mesados laboratorio, incluso fontanería e louza,  e acondiconamiento paramentos
    • Reposición area en areneiro.
    • Reparación pingueira en ximnasio e chanzo.
    • Limpeza canlóns
    • Pintado de paramentos verticais
  • CEIP Ponte Sampaio
    • Instalación de pavimento de tarima en aulas.
    • CEIP Campolongo
    • Reparación en acometida xeral de auga ao centro
    • Reparación pavimento exterior
    • Reparación portal corredeira zona río
    • Pintado de paramentos verticais
2024-09-10 16:19:44 5 o-ceip-parada-de-campano-estrea-nova-distribucion-da-mobilidade-para-garantir-a-seguranza-da-cativada-na-entrada-ao-colexio

Compartir publicación: