Estarán representadas todas as Protectoras de animais de Pontevedra e da súa contorna.
Haberá charlas, stands, mesas redondas, concursos…
O Recinto Feiral de Pontevedra acolle esta fin de semana (14 e 15 de setembro) a II Feira da Mascota coa que colabora o Concello de Pontevedra. Está prevista a participación de todas as protectoras de animais de Pontevedra e a súa contorna. Ademais haberá stands, exhibicións, seminarios, charlas, concursos; haberá zona infantil e participará o monologuista Miguel Martín. A entrada é de balde.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías explicou que « os tempos están cambiando » e hoxendía « as mascotas ocupan un espazo importante, non só nas nosas casas, senón tamén nas nosas cidades. De aí a idea de seguir apostando por esta feira da mascota, onde todas as persoas poderán atopar stands de complementos, empresas… para garantizar o seu benestar. Tamén será un punto de encontro entre certos debates que se producen no noso país, en Galiza, e me atrevería a dicir todo o Estado español, coa nova lei de benestar animal ».
2024-09-09 16:09:33 5 o-recinto-feiral-acolle-esta-fin-de-semana-a-ii-feira-da-mascota