Search
Close this search box.

O Concello destaca o éxito da Feira Franca máis « complexa » dende o punto de vista organizativo 

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez fixo hoxe balance da Feira Franca, unha edición que considerou moi emocionante e das máis complexas dende o punto de vista da organización.

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez destacou que « foi unha Feira Franca realmente emocionante ». Lembrou ao respecto da organización que « estivemos cos nervos a flor de pel para que todo funcionase correctísimamente. Foi, probablemente, das Feiras francas máis complexas de organizar pola noite do venres para o sábado » cando as condicións meteorolóxicas foron moi malas « e ainda así saiu todo perfectamente ».

« Eu considero que a mellor maneira de valorar a Feira Franca é que as cousas foron como debían ser e que as pontevedresas e os pontevedreses non precisaron para nada da organización da Feira Franca. Puideron gozar tanto o venres pola noite como o sábado, simplemente para disfrutar da festa, para gozar, para pasarlo ben. Non houbo incidentes reseñabeis, e o domingo a cidade estaba perfectamente organizada para retomar a normalidade », indicou Demetrio Gómez.

O concelleiro agradeceu o traballo « a todo o personal do Concello, a todas as empresas de Pontevedra e de fóra de Pontevedra que traballan connosco durante a Feira Franca e, por suposto, a todas as pontevedresas e a todos os pontevedreses que saben saír á rua, disfrutar da festa, disfrutar da cidade, facer que Pontevedra volva a vivir o século XV e que isto vaia como un auténtico reloxo ».

2024-09-09 15:58:51 5 o-concello-destaca-o-exito-da-feira-franca-mais-complexa-dende-o-punto-de-vista-organizativo

Compartir publicación: