Zafarrancho de limpeza en Pilar Bértola, Urco e Campo do Boi 

A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda chega esta semana ás rúas Pilar Bértola, Urco e Campo de Boi.

A limpeza farase na madrugada de mañá, xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Compartir publicación: