O cambio de espazo deriva do inicio do novo contrato para a xestión deste servizo, que pasa a ser realizado pola empresa Gestión Tributaria Territorial (GTT)
Desde este venres, 16 de agosto, a nova empresa adxudicataria para o contrato de xestión da oficina de Recadación executiva e multas faise cargo do servizo. A veciñanza pontevedresa será atendida nun novo punto físico para realizar calquera trámite relacionado coa nomeada oficina, que estará situado na rúa da Barca, número 14 (baixo) —até agora estaba na rúa Ferreiros—.
O novo número de teléfono da oficina é o 986 61 62 79. A empresa adxudicataria, tal e como foi feito público no seu día, é Gestion Tributaria Territorial (GTT), a través dun contrato próximo aos 500.000 euros anuais.
«Desde este intre, todos os cidadáns deberán ir á nova oficina, xa que a outra quedará sen actividade desta clase, no caso de precisar realizar calquera tipo de trámite relacionado coa recadación executiva ou o pago de multas», explicou o rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores.