Search
Close this search box.

Verbenas, verónicas, agapantos, xeranios, lavandas… para rematar a tempada de plantación nas zonas verdes da cidade  

A chuvia e o mal tempo prolongou estas plantacións que agora chegan á espazos verdes de Doce de novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño vello de Castela entre outros barrios da cidade.

En total son 2.644 unidades de 35 especies distintas tanto de tempada como vivaces. 

A Concellaría de Servizos Urbanos Básicos, que dirixe Xaquín Moreda está a rematar nestes días as plantacións de novas especies e reposicións nos parques, xardíns, rotondas, escavas, medianeiras… que comezaron na primavera. Neste ano, debido ás intensas chuivas e ao mal tempo, estes labores prolongáronse no tempo e están a rematar nestes días.

As últimas actuacións realízanse, entre outros lugares, na rotonda de Doce de novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño vello de Castela, avenida de Vigou ou Pintor Laxeiro.

Ademais de planta de tempada, tamén se empregan especies vivaces, que son plantas herbáceas non leñosas e perennes. Florecen durante o verán e no inverno a súa raíz permanece viva para cando chegue a primavera volva a florecer repetindo o ciclo ano tras ano con maior forza.

En total a Concellaría está a plantar 2.644 unidades de 35 especies distintas que darán cor e luz aos espazos de encontro e melloran a paisaxe urbana. As especies que se están a plantar son:

  • Grevillea lanigera ‘Mt Tamboritha’: 125 ud
  • Loropetalum Chinense « Fire Dance »: 50 unidades
  • Tagetes patula « Damasquina »  140 ud
  • Catharanthus roseus « Vinca de Madagascar »220 ud
  • Centaurea pulcherrima « aciano ou botón de solteiro »  100 ud
  • Veronica spicata « Verónica espigada » 100 ud
  • Salvia  65 ud
  • Tagetes patula 150 ud
  • Kniphofia “poco series”©  4 ud
  • Pennisetum ‘red bunny tails’  3 ud
  • Lavandula angustifolia « Lavanda » 3 ud
  • Agapanthus africanus « Agapantos »  4 ud
  • Stachys byzantina  « Espiga de cordeiro » 4 ud
  • Verbena bonariensis 20 ud
  • Gaura x lindheimeri 20 ud
  • Rudbeckia fulgida ‘goldsturm’  40 ud
  • Artemisia arborescens ‘powis castle’  12 ud
  • Ipomoea hybrida  18 ud
  • Impatiens hawkeri ‘sunpatiens’  12 ud
  • Catharanthus roseus  36 ud
  • Veronica spicata  36 ud
  • Pelargonium x hortorum (Xeranio)  176 ud
  • Osteospermum ecklonis  (margarita) 95 ud
  • Geranium ‘rozanne’  (xeranio perenne) 45 ud
  • Delosperma hybrida ‘wheels of wonder’  136 ud
  • Coreopsis verticillata ‘zagreb’  180 ud
  • Gazania x hybrida ‘grandiflora’  300 ud
  • Euphorbia characias ‘silver swan’  4 ud
  • Impatiens walleriana  300 ud
  • Gaillardia aristata  45 ud
  • Origanum vulgare ssp. viride (Orégano verde) 45 ud
  • Iberis sempervirens  45 ud
  • Ipomoea hybrida  30 ud
  • Verbena bonariensis  40 ud
  • Salvia farinacea 45 ud

Compartir publicación: