Instalaranse un total de seis novos elementos de medición, tanto nos barrios como no centro, nun proxecto que se relaciona coas Zonas de Baixas Emisións e o mellor funcionamento da cidade.
O proxecto está cofinanciado polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea e xestionados polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible para a implantación de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sostible.
O alcalde e portavoz do Goberno, Miguel Anxo Fernández, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da Xunta de Goberno Local celebrada a primeira hora. Alén dos asuntos tratados na orde do día, o rexedor quixo poñer o foco no estado e previsión do proxecto de xestión intelixente e sostíbel e segura da mobilidade en Pontevedra.
O proxecto está cofinanciado polas axudas aos municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sostíbel do transporte urbano, xestionadas polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno do Estado. Este Plan de recuperación está financiado por fondos NextGenerationEU da Unión Europea.
O proxecto, adxudicado no seu día por 990.867 euros, está nestes intres a ter as primeiras actuacións pola cidade, «Hai xa tempo que contamos coas ZBE pero querimos seguir traballando e mellorando nese sentido. Toda a cidade compacta, xunto con Monte Porreiro, ten esta denominación», lembrou.
Fernández Lores indicou que ao longo dos vindeiros meses serán instalados distintos medidores por Pontevedra, medidores que controlarán e medirán a calidade do aire en tempo real, os 365 días do ano. En total, serán instalados seis medidores, aos que se suma o xa existente en Campolongo, tecendo toda unha rede de control do aire ao longo de toda a Boa Vila, o que permitirá facer medicións ultra precisas.
Previsiblemente, os seis novos medidores serán instalados en Monte Porreiro, no barrio do Burgo e, os outros catros, no centro da cidade en distintas zonas. No referido a estes últimos, os técnicos están agora nunha fase inicial onde van comprobando e probando cales serían as posición idóneas. Na actualidade, esta semana, por xemplo, están situados ao longo de beiramar.
«Nun tempo contaremos cun mapa da contaminación da cidade para logo decidir a localización definitiva destes medidores», explicou Lores. «Poranse onde os parámetros sexan peores, para poder así seguir controlando esa zona e procurar medidas que melloren a calidade de vida das persoas que alí se atopan ou que por alí pasan».Que parámetros son medidos a través dos medidores? A porcentaxe de monóxico de carbono no
aire, de dióxido de cárbono, de óxido de nitróxeno, o ozono troposférico, o dióxido de sofre, o dióxido de nitróxeno e compostos orgánicos tamén (COVS). Ademais, os medidores contarán cun sensor óptico para coñecer as micro particulas PM1, PM2.5 e PM10, xunto co ruído ambiental, a temperatura, a humidade relativa do aire e a presión atmosérica.
«Son uns aparatos da máis alta tecnoloxía posíbel que nos permitirán, posteriormente, tomar decisións de cara á mellorar eses parámetros, o que incidirá na calidade de vida das persoas desta cidade», sinalou. «Todo isto é posíbel porque apostamos por ter unha cidade cunha alta calidade de vida en todos os eidos. A calidade do aire na cidade é boa pero cremos que temos aínda marxe para que sexa mellor».