Search
Close this search box.

Zafarrancho de limpeza na rúa da Torre e Francisco Asorey 

A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda remata esta semana o zafarrancho de limpeza na rúa da Torre e Francisco Asorey.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. 

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Compartir publicación: