Search
Close this search box.

O alcalde recibe ao coro do IES A Xunqueira 1, recente gañadordo Concurso nacional de coros escolares 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado do concelleiro de Educación e Cultura, Demetrio Gómez recibiron esta mañá a visita do Coro do IES A Xunqueira 1 no CITA. O alcalde quixo manter un encontro con eles e elas para felicitalos polos recentes logros ao resultar gañadores do IX Concurso nacional de coros escolares e mención especial á mellor dirección.

« Eu quero agradecervos o voso traballo, e tamén aos responsables, a directora do coro e ás profesoras que adican tempo para que poidades ser mellores », afirmou o alcalde na reunión, e destacou que Pontevedra ten que saber que existen entidades, equipos e persoas que están a competir en cultura, deporte, ciencia… que son de Pontevedra « e iso é moi importante para subirnos a paletilla, porque non somos mellores que ninguén pero tampouco peores que ninguén ».

O alcalde puido comprobar no CITA a maravillosa interpretación do coro.

Compartir publicación: