A celebración do Campionato de España de tríatlon irá aparellado de importantes cambios na mobilidade a motor na cidade durante as xornadas do sábado, 22 e domingo 23 de xuño.
Entre as afectacións máis salientables está o tramo da avenida de Bos Aires comprendido entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro que se pechará ao tráfico dende as 09.00 horas do xoves, 20 de xuño, até ás 23.00 horas do domingo 23 de xuño. O acceso dos residentes está previsto pola rúa Ernestina Otero.
As restriccións de tráfico tamén obrigan a pechar a liña 1 do transporte urbano no sábado e no domingo, e reforzarse a liña dúas que dobrará a súa frecuencia durante esas dúas xornadas.
Ademais…
Os circuitos do sábado 22 estarán pechados de 10 a 21h, e o do Domingo 23 de 08:30h a 14h. Os percorridos e zonas afectadas serán;
O sábado 22 a natación celebrarase no río. A carreira ciclista afectará a Ponte dos Tirantes, Rafael Areses, Avda. Compostela (antes do cruce de Médico Ballina) e Avenida de Bos Aires no tramo comprendido entre a Ponte de Santiago e a Ponte dos Tirantes.
A carreira a pé afectará avda. De Bos Aires dende Maxisterio cara a Monteporreiro onde dará a volta antes da Ponte das Palabras.
Achégase os plano de mobilidade das zonas afectadas, zonas de restricións e zonas de tráfico LIBRE.
O tramo da Avda. Bos Aires comprendido entre a Ponte dos Tirantes e Monte Porreiro pecharase ao tráfico dende as 09h do xoves 20 de xuño ata as 23horas do domingo 23 de xuño (acceso e saída dos residentes pola rúa Ernestina Otero).
O domingo 23 a natación celebrarase no río. A carreira ciclista afectará Avda. Bos aires dende a Ponte dos tirantes, Monteporreiro Ponte das palabras e médico ballina sin afectar a glorieta.
A carreira a pé afectará Avenida Bos Aires dende a rúa Mare ata a Ponte dos tirantes afectando a paralela pola zona de tafisa, Ponte dos tirantes, Rafael areses, Illa esculturas e pasarela peonil.
Planos da mobilidade do tríatlon: