Miguel Anxo Fernández Lores achegous coa concelleira do Rural, María José Abilleira a ver o resultado da última intervención que tivo un custe próximo aos 400.000 euros.
Nos últimos anos o investimento no lugar do Ramallás superou os 550.000 euros.
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira do rural, María José Abilleira visitaron esta tarde os traballos rematados de restauración da vía principial do lugar do Ramallás, na parroquia de Lérez. Foi un dos treitos de máis longa execución por parte do Concello de Pontevedra xa que se realizou por fases debido ás dificultades de estreitamento da vía, pero logo do fin desta fase o lugar considérase totalmente rematado.
Esta obra, incluída dentro dun proxecto máis amplo no que se actuaba noutras cinco parroquias do rural, tivo un orzamento de 393.814,49 euros para actuar nun treito de 709 metros (incluídos dous ramais da vía principal: un de 76 metros e outro de 55 metros). Ademais da renovación de parte do saneamento tamén se canalizaron as augas pluviais, incorporánose sobreanchos á vía nun tramo de 336 metros liñais e fixéronse importantes muros de contención, pavimentouse (un traballo que se demorou no tempo polo inverno e primavera chuviosos), colocáronse redutores de velocidade e sinalización vertical e horizontal.
Outras actuacións acometidas nos últimos tempos no lugar do Ramallás foron a canalización dunha parte do saneamento valorada en 105.000 euros así como o acondicionamento dun parque na entrada do lugar dende o Cruceiro, logo da expropiación dun terreo que permitiu iniciar as obras do saneamento, anchear e pavimentar a calzada. O parque tivo un custe final de 63.378,03 euros.