Search
Close this search box.

O músical Os Miserábeis do IES Illa de Ons chega ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 16 de xuño ás 18.30h.

O proxecto integral do centro educativo naceu en 2019, recibindo varios recoñecementos. Tras un parón por mor da pandemia, retoman a súa xira con máis de 100 persoas no elenco, técnicos profesionais e vestiario cedido polo Centro Dramático Galego

Na actualidade están involucrados todos os departamentos do centro, máis de 70 alumnos/as de 12 a 16 anos, profesorado, persoal non docente e algunhas familias

A entrada en calidade de doazón, á venda no centro de ensino e unha hora antes na billeteira, será destinada a sufragar os gastos do proxecto educativo


O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá, acompañado polas profesoras do IES Illa de Ons Diana Vilas e Teresa García, a estrea do musical ‘Os miserábeis’ en Pontevedra. Terá lugar o domingo 16 de xuño ás 18.30h. no auditorio do Pazo da Cultura e as entradas, con carácter de doazón, están á venda no propio centro de ensino e tamén unha hora antes da representación na billeteira do Pazo.

Demetrio quixo destacar a “importancia de traballar con este tipo de proxectos: unha porque entendemos que a cultura é a participación de toda a sociedade, outra porque cremos que hai que colaborar con ensino público para que poida desenvolver toda a súa potencialidade e en terceiro lugar porque pensamos que o traballo con este tipo de proxectos, entendemos que só funciona realmente se os proxectos se poden dar a coñecer, se os alumnos e alumnas poden ensinar o seu traballo.”

Pola súa banda as profesoras responsables do proxecto, Diana Vilas e Teresa García  quixeron salientar algunha das novidades do proxecto “que como ben dixo Demetrio é un proxecto interdiscipliar, é que participan todos os departamentos do centro educativo. Normalmente un proxecto centro dun centro adoita acoutarse a poucas materias ou a un grupo restrinxido. No noso centro participan máis de 70 alumnos de entre 12 e 16 anos, en total somos máis de 100 persoas no elenco porque ademais de alumnado participa profesorado, personal non docente do centro e tamén membros da comunidade educativa, membros dalgunhas familias do alumnado. É un proxecto creado en horario lectivo, nun centro público e aínda que na recta final todo o elenco queda polas tardes, se fixeron acordos no centro para crear un espazo de horario para traballar de forman interdiscipliar e por proxectos, cunha metodoloxía cooperativa, integrando innovación educativa, trballamso profesorado e alumnado entre iguais. O profesorado aprenda a traballar para unha escena teatral de cero igual que o alumnado e hai unha parte de axuda socioemocional, integramso alumnado con necesidades especiais en escena, hai un apoio resla de integración á diversidade, etc.”

Falando dos inicios do proxecto, “na primeira versión do 2019, que se representou nos auditorios de Cangas e Bueu, con varias representacións previstas noutros lugares e truncadas pola chegada pandemia. Aproveitando esa primeira edición que chegamos a crear co profesorado e alumnado de aquel momento, fixemos unha nova edición agora pois trasladando a historia orixinal a un entorno máis galego aprveitando as mensaxes universais que ten a historia de loita pola liberdade, as revolucións, a miseria, etc. trasladalo ao que sería o contexto da Galiza de finais do século XIX.  Traballamos coa recreación de algúns cadros entre os que se atopan pezas galegas como a recreación de fotografías de Ruth Matilda Anderson ou A derradeira lección do mestre de Castelao. O alumnado non só traballa para a posta en escena dunha representación teatral senón que se fixeron proxectos desde distintas materias como pode ser o tinguido da roupa con tintes ecolóxicos na materia de Física e Química, traballou o tema dos refuxiados na actualidade para establecer conexións con os miserábeis deste época, a elaboración das máscaras na asignatura de plástica. Os rapaces que fan de revolucionarios elaboraron os discursos que se dan na obra, poñéndose en situación dos distintos grupos sociais que hai na época desde a óptica feminista, masa máis popular, a burguesía, etc. E unha das cousas máis orixinais da posta en escena é que toda a escenografía está formada por cadeiras e mesas do instituto.”

Nesta adaptación da obra de Victor Hugo, tal e como apuntan as organizadoras “hai diversas escenas engadidas, inspirados en escenaras reais do musical, un personaxe de mestra encarnado por Diana que é unha licenza poética que nos permitimos e ten bastante peso como soporte ideolóxico dos ideais revolucionarios. Sobre a perspectiva feminista, fixemos certas modificacións para darlle especial visibilidade ou relevancia ás personaxes femininas que na obra orixinal eran máis secundarias, o líder revolucionario é unha rapaza, etc”

Para rematar desde o IES Illa de Ons quixeron agradecer as diferentes colaboracións que fan posible o proxecto: “no 2019 levou o 1º Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e 1º Premio Educación en Valores dos Premios Provinciais á Xuventude  da Deputación de Pontevedra.  Estes premios no seu momento permitiron parte do financiamiento do proxecto porque mercamos focos de luces e micros para posta en escena, cámara, etc. Agora para esta edición seguimos contando coa colaboración do CFR de Pontevedra que financia o programa de formación do profesorado en Canto Coral, por suposto a colaboración do Concello de Pontevedra na cesión do espazo, o Centro Dramático Galego que cede o vestiario, etc. 

Gustaríanos que acudira a maior cantidade de xente posible a ver o espectáculo, tamén xente de organismos da Xunta para que poidan ver a verdadeira dimensión e se animen a colaborar. Para un centro pequeniño é público coma o noso supón un esforzó económico moi grande. As entrada, en calidade de doazón, irá íntegramente destinada a finaciación do proxecto. Podedes atopalas á venda no propio centro de ensino ou na billeteira do Pazo unha hora antes do inicio da representación. Agardamos que veña moita xente, familias do alumnado e tamén xente de Pontevedra.”

Cartaz Miserabeis

Compartir publicación: