Trátase dun equipo que máis de dez elementos para fortalecer a musculatura, estabilidade, resistencia e tonificación corporal.
A Concellaría de Deportes está a instalar nestes días os elementos do primeiro parque de actividade física nas inmediacións da ponte dos Tirantes. Trátase dun equipamento deportivo situado ao aire libre adxudicado á empresa Kompan no ano 2021, que logo de varios problemas administrativos e coa súa localización, a concelleira Anabel Gulías acordou instalalo no inicio do paseo fluvial do Lérez. O custe foi de 97.707,50 euros.
A nova infraestrutura deportiva está instalada nunha área de terra compactada estabilizada cunha capa de cemento e ten unhas dimensións aproximadas de 300 m2.
Os elementos que a compoñen son:
- Pesas magnéticas: equipo cross systems composto por 3 pesas magnéticas de 6, 9 e 12 kg. Axuda a aumentar a resistencia, tonificación e forza muscular, pero tamén a estabilidade.
- Suspension trainers: equipo cross systems composto por 3 pares de aneis ergonómicos a distintas alturas para adaptarse a todos os tipos de exercicio. Está pensado para aproveitar ao máximo a potencia física. Axuda a aumentar a residencia muscular, a forza, a coordinación e a flexibilidade corporal.
- Combinación 2: combinación de equipos workout composto por un banco de abdominais inclinado, espaleira, agarradoiras laterais, dúas barras horizontais a alto nivel e dúas a nivel baixo.
- Estrutura Bootcamp: conxunto workout composto por unha estrutura de 8 postes porticados na súa parte superior cunha ménsula en cada lado. A estrutura dispón dunha gran cantidade de orificios onde encaixar os diferentes elementos deportivos.
- Barra triple: está deseñada especificamente para o adestramento da parte superior do corpo, pectorais e brazos, pero a súa vez como elemento para estirar as pernas. O conxunto está composto por tres barras horizontais alineadas e a distintos niveis (alturas: 38cm, 58cm y 133cm) unidas mediante postes fixados ao chan.
- Step 20 cm, 40 cm, 60 cm e 80 cm.: Equipo individual de steps para realizar exercicios a distintas alturas.
- Dip Bench: conxunto workout formado por dúas barras paralelas ancoradas ao chan mediante postes metálicos, en perpendicular a estas saen catro travesas en forma de u invertida a dous niveis distintos e en parellas, as esquinas das travesas están curvadas para permitir ao usuario deslizar as súas extremidades polos extremos sen impedimentos nin salientes, facilitando os exercicios.
- Bicicleta cidade: a bicicleta de cidade con pantalla ofrece una postura cómoda e desafiante para todos os usuarios.
- Bicicleta para brazos: foi deseñada para o desenvolvemento físico do tronco superior. A bicicleta é apta para todos os usuarios xa que o seu poste inclinado permite acceder facilmente ao seu uso. A resistencia é bidireccional.
- Barras paralelas: conxunto de dúas barras paralelas dispostas a 107 cm do chan.
O conxunto tamén disporá un cartel informativo cos exercicios posibles a realizar na zona de adestramento.
Ademais, está deseñado para unha práctica deportiva inclusiva, posibilitando o uso de persoas con mobilidade reducida, e terá un carácter polivalente, tanto no que se refire ao tipo de actividade física a realizar como no que atinxe aos rangos de idade.