O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo de inscrición do tradicional concurso dos maios que se celebrará o vindeiro 1 de maio na praza da Ferraría, a partir das 11.00 horas. O certame comezará coa Benvida ao maio que este ano farano as poetisas Elvira Jardón e Cynthia Ménéndez.
As persoas ou entidades interesadas poderán inscribirse a través do Rexistro municipal ou da sede electrónica na seguinte ligazón:
https://sede.pontevedra.gal/public/catalog-detail/208
A Concellaría de Cultura que dirixe Demetrio Gómez fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso que serán os seguintes:
- Premio por participación a cada maio: 150,00 euros
- Premio especial do xurado: 300 euros.
- Premios ao maio tradicional
- Premios ás cantigas
- Premios á interpretación
- Premios á coroa
Nestas catro últimas categorías os premios serán
- 350 euros
- 300 euros
- 250 euros
- 100 euros