O conxunto de actividades, promovido polo concellaría de Normalización Lingüística, vén sendo un sendo crecente ao longo das últimas edicións
É posíbel formalización a inscrición previa a través da páxina web oficial do Concello de Pontevedra, https://apuntate.pontevedra.gal/
Xa está aberto o programa de actividades de Apego para esta primavera do ano 2024. Cómpre lembrar que este compendio de actividades realízanse baixo a área de Normalización Lingüística dirixida por Demetrio Gómez, e abrangue distintas propostas dirixidas ás familias con fillos e fillas de até 6 anos ou que mesmo están agardando un novo membro; todas elas son de balde, mais precisan de inscrición previa, xa que contan con prazas limitadas.
As actividades de Apego van dirixidas ás nais e pais, para darlles a coñecer recursos que sirvan para activar ou enriquecer a lingua que se fala en familia coas crianzas, e tamén para promover espazos de socialización en galego para as familias. O formulario de inscrición, como é habitual, atópase na web oficial do Concello de Pontevedra, https://apuntate.pontevedra.gal/.
O programa consta de actividades programadas en distintos espazos da cidade, con diferentes opcións de 0 a 6 anos; obradoiros de arrolos, de creación de monicreques, para experimentar coa cianotipia ou para xogar. Luís Prego, Migallas, Cé Orquestra Pantasma, Miudiño ou a Fundación Legar son algunhas das entidades que guiarán as distintas sesións.
Tamén se inclúe un ciclo de actividades fóra da cidade, en distintas parroquias, para familias con crianzas a partir de 3 anos: Oficios e saberes estará guiado por Ab Origine antropoloxía e por Polo Correo do Vento. Cada sesión constará dunha pequena explicación de carácter antropolóxico sobre o tema da sesión, un conto, unha sesión guiada de debuxo e un pequeno obradoiro para practicar os oficios que as familias irán coñecendo e experimenrtando: olaría, cestería, costura, carpintería, menciña… Todo, co acompañamento musical de Antón Ke.
Programa de actividades
ARROLAR, coa Fundación Legar, 26 de abril
Dúas sesións na Cova dos Libros Fantásticos para aprender arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación e de creación de espazos de calma.
— De 17 h a 18 h, para familias con crianzas ata 15 meses
— De 18.30 h a 19.30 h, para familias con crianzas de 15 meses a 3 anos
PRENDE NO COLO, con Luís Prego e Samuel Soto. 8 de maio
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos; na Cova dos Libros Fantásticos
Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos.
— De 17.15 h a 18 h
— De 18.30 h a 19.15 h
O MONICREQUE DO CONTO, con Marcos Dios, 20 de maio
Para familias con crianzas de 4 a 6 anos
Obradoiro de construción dun monicreque de luva inspirado no personaxe dun conto para achegármonos á lectura desde o mundo da arte.
— De 17.30 h a 19 h na Cova dos Libros Fantásticos
O GAITEIRO VERDE, coa Fundación Legar, 29 de maio
Para familias con crianzas a partir de 5 anos
Obradoiro de creación de instrumentos ancestrais con materias primas naturais cos que aprender a acompañar cantigas.
— De 17.30 h a 19.30 h na Cova dos Libros Fantásticos
QUE VIVA O GALEGO!, con Migallas Teatro, 30 de maio
Para familias con crianzas de 4 a 6 anos
Xornada de xogos na rúa e resolución de probas en familia para atoparlle a solución a un grave problema: o esmorecemento do galego!
— De 18 h a 19.30 h na alameda
FÍOS DO QUERER, con Cé Orquestra Pantasma, 5 de xuño
Para familias con crianzas de 0 a 4 anos
Sesión musical para xogar, cantar, bailar e explorar axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.
— De 17.30 h a 18.15 h nos xardíns do Doutor Marescot
OBRADOIROS DE CIANOTIPIA, con Alouette Machine, 15 de xuño
Para familias con crianzas a partir de 4 anos
Dous obradoiros de fotografía sen cámara para aprender a nomear e fotografar as plantas da nosa contorna. Na praia fluvial do Lérez
— De 10.45 h a 12 h
— De 12.15 h a 13.30 h
BRINCADEIRA MIUDIÑAS, con Cé Orquestra Pantasma, 25 de xuño
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos
Xornada de música, xogos tradicionais, obradoiro de creación libre e espazo para bebés, onde descubrirmos outras formas de xogar en familia, coa natureza como espazo para o xogo, o lecer e a felicidade.
— De 17 h a 19 h na illa do Covo
Oficios e saberes
OLEIROS E TELLEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no adro da igrexa de Cerponzóns
COSTUREIRAS E PALILLEIRAS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no mosteiro de Lérez
CESTEIRAS E CESTEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no centro social de Lourizán
CURANDEIRAS E MENCIÑEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h na área de lecer Chan da Parafita (monte da Fracha)
CARPINTEIROS, EBANISTAS E TONELEIROS, con Polo Correo do Vento e Ab Origine
— De 11.30 h a 13 h no mirador de Monte Porreiro