A encarga foi realizada logo de seleccionar o seu portfolio de traballos entre máis de 40 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron as súas propostas
O evento, que terá lugar entre o 1 e o 17 de marzo da no Pazo da Cultura de Pontevedra, homenaxeará unha peza fundamental: as escolas, e contará coa literatura catalá como convidada
A vindeira semana a organización presentará a programación completa.
O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá o cartaz do XIV Salón do Libro “A maxia” acompañad pola súa autora, Andrea Fernández autor Iván Rodríguez. A artista foi seleccionada entre 42 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron os seus portfolios.
“Cando falamos de literatura, obxectos libros, libros, etc, adoitamos pensar nas perasoas que os escriben, nas autoras. Pero sobretodo na literartura infantil e xuvenil temos a figura das ilustradoras, que nos axudan e permiten ver os libros a través duns ollos moito máis intelixentes, que nos descubren moitas máis cousas das que podemos descubrir os lectores. No Salón do Libro, apostamos polas ilustradoras galegas e esta ano o cartaz é esta cousa marabillosa que fai alusión ao tema da maxia, obra de Andrea Fernández. Unha ilustradora da Illa de Arousa, que forma parte dende hai tampo da familia do Salón, impartindo talleres de cianotipia ou serifrafía. Coñece o Salón e por iso foi quen de ilústralo. Que sexa ela a que nos explique o que quixo plasmar” comentou o concelleiro para presentar a artista.
Pola súa banda, Andrea Fernández Plata salientou que “como arousana, nese territorio tan peculiar, tiven que imaxinar dende nena. Quixen que o cartaz fose unha páxina aberta, un convite á imaxinación, un conto onde andan soltas diferentes personaxes. E xa que Cataluña vén convidada este ano, quixen meter a rosa e o dragón, un tronco animado que lembra ao Tió, e o Patufet -similar ao noso Garabanciño- , unha personaxe da literatura infantil catalana moi emblemática que é ese gorriño onde se esconde esa figura tan pequena. Tamén aparecen elementos de celebración polo 25 aniversario, coma o globo e as grilandas.
Hai moitas referencias a mitoloxía e á tradición galega: a noite, as bruxas non como bruxas malas senón como esas avoas, cheas de coñececementos; lobas que son mulleres, a naturaleza e os elementos paganos dos rituais comaa lúa ou o lume. Paxaros-libros que levan e traen novas, un libro columpio. O bosque coma escenario onde medra a imaxinación e a curiosidade. Unha figura que aparece nas lendas: os fillos das xacias, metade humano metade peixe que non podía faltar, con escamas nas pernas que son coma ondas e simbolizan o mar. E que xusto vai ao carón do stamping do 25 aniversario, color prata como as escamas”
Andrea, empregou texturas feitas a man con ceras, tiran china, lapis, xogo coa cor, collage e mesturado co traballado e técnicas dixitais: “ilustrei esta proposta cos ollos dunha muller que todavía se sinte nena. Xoguei eu tamén e fixen as miñas maxias. Agardo que vos gusten”