O Concello ten a obriga de poñer a sinalización, pero na práctica non suporá ningún cambio porque Pontevedra xa ten implantada a súa zona de baixas emisións.
O Concello de Pontevedra vén de recibir a autorización da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a instalación do sinal de zona de baixas emisións proposta polo Concello de Pontevedra. O concelleiro de Mobilidade, César Mosquera explicou esta mañá que o sinal foi evolucionando co tempo e, finalmente, déuselle a autorización logo de modificar o sinal ao longo do tempo.
César Mosquera agradeceu « á Dirección Xeral de Tráfico a colaboración que ten co modelo de Pontevedra porque está sendo exquisita », especialmente tendo en conta que Pontevedra ten unha terceira vía « que a Dirección Xeral de Tráfico comparte absolutamente pero que ten certas diferencias » como a colocación co coche coas emisións de gases que non se corresponde co Modelo Pontevedra así como o fondo do sinal que o Concello propoñía en cor laranxa, pero finalmente será branca seguindo a liña futura que implantará a DXT.
O sinal colocarase « o antes posible » afirmou o concelleiro quen recordou que se colocarán os que sexan necesarios pero « os mínimos para non encher toda a cidade ». Tamén recordou que o Concello ten a obriga legal de colocar estes sinais pero na práctica non suporá cambio ningún para os condutores porque « Pontevedra xa é unha zona de baixas emisións ».