Pontevedra celebrará o Día internacional do voluntariado (5 de decembro) o vindeiro mércores, 6 de decembro cunha chocolatada e rosca na praza da Peregrina organizada por Asampo “asociación que leva anos dando a cara no noso concello por defender valores imprescindibles nunha cidade, nunha sociedade cada vez máis humana e cada vez mellor”, indicou a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías durante a presentación de este evento en compañía de Fran Pérez Miras e Lucía Solleiro, voluntarios de Asampo.
O propósito é poñer en valor o traballo do voluntariado celebrando “como se merece” esta data sinalada, que por motivos laborais dos voluntarios terá que ser o mércores, 6 de decembro, na praza da Peregrina entre as 10 e as 13 horas. Ofrecerase rosca para diabéticos e tamén se iniciará o proxecto Bolsa dos desexos que recollerán de todos os participantes na chocolatada. Eses desexos trasladaranos a Santiago no mes de febreiro (nunha data aínda por concretar) facendo o Camiño de Tui a Compostela, para entregar eses desexos na Catedral e servir para acender o Botafumeiro.
Asampo é unha asociación de voluntarios organizadora da Pontevedrada e do Camiño violeta realizado o pasado domingo con motivo do Día internacional da loita contra a violencia de xénero entre Poio e Pontevedra.