Search
Close this search box.

A 13 edición do Outubrofest abre as súas portas este venres na praza do Concello

Dende este venres até o vindeiro mércores, 1 de novembro, o Outubrofest volve á praza de España para gozar da gastronomía alemá en familia e coñecer os valores dunha disciplina deportiva como o rugby da man do Pontevedra rugby club.

O Outubrofest, que este ano chega á súa 13 edición (non se celebrou en 2020 nin en 2021) terá como singularidade que se poderá seguir en directo os mundiais de rugby que se disputan nestas datas. O venres, 27 de outubro verase o encontro que disputará o terceiro e cuarto posto, e o sábado a final do mundial entre Sudáfrica e Nova Zelancia ás 21.00 horas.

Nesta edición, tamén se entregará o premio da festa ás escolas e formadores do Club Naval, retomando a iniciativa da pasada edición. Daquela, o club supendeuna debido ao suceso luctuoso no que estivo envolta a entidade.

A carpa estará aberta entre as 12 e as 24 horas, en horario ininterrumpido. Disporá de espazos para celíacos e contará con oferta vegana e, como novidade, ofrecerá unha nova salchicha cuxa receta leva inmutable dende 1404 e ten protección de denominación de orixe.

A concelleira de Deportes e de Promoción da cidade, Anabel Gulías, que estivo participou na presentación do Outubrofest 2023 explicou que se trata “dunha actividade fixada no calendario de Pontevedra, na que se celebra unha festa para atoparnos todos, cunha boa gastronomía e gozar dos espazos públicos”, pero tamén “para gozar do deporte”.

A concelleira destacou que o Outubrofest é unha oportunidade de coñecer ao club e destacou o labor “da xente que traballa e vive para o deporte quitando tempo á súa vida persoal e laboral en favor dun club emblemático da cidade”.

Adiantou que xa mantivo varias conversas cos responsables do club para “proxectos futuros ilusionantes a curto, medio e longo prazo” e agarda que o Outubrofest sexa “o principio dunha estreita colaboración porque hai moi boa sintonía”.

Compartir publicación: