Pontevedra acollerá no derradeiro fin de semana de outubro o congreso de oftalmoloxía máis importante do Estado 

É a cuarta vez que o ‘Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico’ escolle a Boa Vila para a súa celebración, reunindo aos maiores expertos e especialistas do seu campo nunha cita formativa 

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou esta mañá o que será a cuarta edición do ‘Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico’. Trátase dun congreso de oftalmoloxía que se celebrará na cidade do Lérez entre o 27 e o 28 de outubro, e reunirá a algúns dos maiores expertos neste eido de todo o Estado.

Acompañado do doutor y director del evento, Pedro Corsino Fernández Vila; xunto coa directora médica para Baush+Lomb en España e Portugal, Saskia Aguado; o rexedor destacou a importancia para a cidade de seguir acollendo un evento deste tipo. «Teremos aos mellores poñentes que se poden traer, e onde se tocan todas as novas técnicas e avances que van aparecendo na oftalmoloxía», indicou Lores. «Este é o curso máis importante do Estado e os asistentes queren seguir vindo a Pontevedra ano a ano. Sei que lles presta o curso dunha banda, e a cidade doutra banda. É posíbel que o ano que vén vexamos unha ampliación do curso tal e como me transmitiron os seus responsábeis».

O venres, 27 de outubro, o programa inclúe diversos relatorios sobre insuficiencia límbica, oftalmopediatría, neurooftalmología, glaucoma, oculoplastia, queratocono e ciruxía da córnea; namentres o sábado, 28 de outubro, trataranse temas como as cataratas, a retina médica ou a retina cirúrxica.

Saskia Aguado explicou que Pontevedra reúne todas as características necesarias para acoller un congreso deste tipo, «e ademais ten un encanto especial, con rúas con personalidade, cunha boa gastronomía e cun ambiente moi bo». «Seguiremos apostando por traer este curso a Pontevedra», finalizou.

Compartir publicación: