O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores valorou positivamente o acordo da Xunta de Galicia de investir na rehabilitación do Pazo e finca de Montero Ríos en Lourizán “porque todo o que veña para Pontevedra é bo”. “O único que sementa dúbidas é que se plantexe neste momento (época electoral)”, explicou o alcalde quen adiantou que o proxecto contará coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao igual que fai sempre cos proxectos doutras administracións.
Fernandez Lores indicou que “non temos moi claro o proxecto porque dixeron que ían facer un concurso de ideas a través da Fundación Rías, e non sabemos si se está elaborando”. E quixo precisar, tamén, que 18 millóns de euros “nos parece pouco porque a finca ten 50 hectáreas e moito patrimonio edificatorio. E propoñen facer algún edificio máis”.