Adxudicada a robotización dos procedementos administrativospara mellorar e axilizar a xestións municipais coa cidadanía

O proxecto está cofinanciado polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea e xestionados polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática para a transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais.

O Concello de Pontevedra vén de adxudicar ás empresas Optare Solutions SL e Stratesys Technology Solutions SL o contrato – dividido en dous lotes- do proxecto Despregadura dunha infraestrutura de robotización de procedementos administrativosco fin de que cada trámite sexa máis doado de xestionar por parte dos traballadores municipais e tamén polos veciños á hora de recibir calquera resolución.

O proxecto está cofinanciado polas axudas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais xestionadas polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno do Estado. Este Plan de recuperación está financiado por fondos NextGenerationeEU da Unión Europea.

O proxecto dotará ao Concello de Pontevedra dun bus de servizos para integrar as aplicacións que dispoñen de servizos web e dos elementos necesarios para o desenvolvemento e posta en marcha dun robot software para a automatización do procedemento administrativo, ademais da implementación do primeiro bot destinado á tramitación dos procedementos de subvencións en concurrencia competitiva. Estes elementos deberán tamén permitir o desenvolvemento de novos robots no futuro.

O Goberno local vén de adxudicar estes traballos de automatización e robotización en dous lotes diferenciados e cun prazo de execución de catro meses.

Á empresa viguesa OPTARE SOLUTIONS SL encargoulle a implementación dun bus de servizos por un importe de 43.560€ (IVE incluído) e a firma madrileña STRATESYS TECHNOLOGY SL encargarase da robotización de procedementos administrativos, unha tarea adxudicada en 43.221,6 € (IVE incluído).

Compartir publicación: