Ambos proxectos están cofinanciados polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea e xestionados polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática para a transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais.
O Concello de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Acuntia SAU a renovación parcial electrónica da rede informática por 58.067,50 euros e a firma coruñesa CIE Tecnologías SLU a mellora do centro de procesamento de datos (CPD) municipal por 99.117, 26 euros.
Ambos proxectos están cofinanciados polas axudas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais xestionadas polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno do Estado. Este Plan de recuperación está financiado por fondos NextGenerationeEU da Unión Europea.
A renovación parcial electrónica da rede informática do Concello consiste na incorporación de 2 switches para o ToR e dunha solución de acceso control de red NEC e dotar dunha alta dispoñibilidade ao núcleo da electrónica da rede municipal co fin de acadar unha alta tolerancia aos fallos e garantir a continuidade no servizo de rede en todo momento. Ademais, permite definir as políticas de acceso á rede para tan só equipos autorizados.
Polo que respecta a mellora do CPD municipal supón a renovación do sistema de climatización do centro de procesamento de datos cun sistema de corredor frío-quente, a instalación dunha nova estructura eléctrica e a distribución do cableado preciso para acoller todos os servidores municipais. E todo co engadido da reubicación física do propio CPD.