Search
Close this search box.

Continúa o zafarrancho de limpeza na avenida de Uruguai

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González continúa esta semana co zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai no lateral da ría.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada de mañá. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello

Compartir publicación: