Trátase dun proxecto que habilitou a biblioteca do Pazo como espazo lector, de encontro e de xogo para
os máis cativos, onde disporán de máis de 3.000 títulos de literatura infantil e xuvenil.
Estará aberto os luns e os xoves de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.30 a 11.30 horas.
Programará accións específicas para datas sinaladas. A entrada é de balde pero será preciso facerse socio
ou socia.
O vindeiro 17 de novembro o Pazo da Cultura abrirá ao público “A cova dos libros fantásticos”, un proxecto da
Concellaría de Cultura que presentou esta mañá a concelleira Carmen Fouces.
Despois do éxito de público en Ponteatro e en Domingos do Principal, que aínda seguen a súa andaina, a
Concellaría de Cultura proxecta para mediados de mes unha nova iniciativa que se materializa na biblioteca
do Pazo da Cultura.
Os nenos e as nenas disporán de 3.000 libros de literatura infantil e xuvenil nos andeis da Cova dos libros
fantástico, que poderán ler, consultar e gozar deles os luns e os xoves de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de
10.30 a 11.30 horas, até o 30 de marzo.
En datas sinaladas celebraranse encontros coas autoras, ilustradoras… faranse obradoios creativos,
contacontos…
A entrada é de balde, mais hai que facerse socio para poder levar libros emprestados para casa e para
coñecer a programación e as novidades que vai a ir ofertando a Cova.
Estará aberto todo o Nadal, agás na primeira semana de xaneiro