Sae a licitación a renovación parcial da electrónica da rede do Concello e mellora do CPD municipal

O proxecto está cofinanciado polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea e xestionados polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática para a transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais. 

A Xunta de Goberno Local de Pontevedra aprobou esta mañá o inicio do expediente de contratación doproxecto Renovación parcial electrónica da rede municipal emellora do CPD (Centro de Procesamento de Datos). Estes proxectos permitirán unha rede máis segura para o Concello, o que derivará nunha información mellor gardada e protexida para os ciberdelincuentes, segundo explicou a portavoz do Goberno e concelleira de Réxime Interior, Anabel Gulías.

O proxecto está cofinanciado polas axudas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais xestionadas polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno do Estado. Este Plan de recuperación está financiado por fondos NextGenerationeEU da Unión Europea.

O proxecto inclúe dúas actuacións: a renovación parcial electrónica da rede e a renovación do sistema de climatización do CPD do Concello. 

A primeira é un contrato de subministro de 2 switches para o ToR e unha solución de acceso control da rede NAC. Sae a licitación por 61.710€ (51.000 máis IVE) e cun prazo de execución de catro meses. A incorporación dos aparatos permitirá diminuír a carga de xestión ao homoxeneizar o parque de equipos, ademais de mellorar a seguridade dos novos equipamentos e mellorar as prestacións.  

A segunda das actuacións -mellora do CPD- sae e a licitación por 121.000 euros (100.000 máis IVE) e cun prazo de execución de 4 meses. Suporá a renovación do sistema de climatización do centro de procesamento de datos municipal, coa instalación dun sistema de corredor frío-quente e substitución dos climatizadores ambientais por climatizadores in-row, e a ampliación da capacidade dos SAI actuais. 

Compartir publicación: