Search
Close this search box.

Pontevedra, exemplo internacional en Porto no Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participou esta mañá no Congreso Cidades que Caminham organizado polo Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade na Fundación Manuel António da Mota en Porto.

O alcalde ofreceu a conferencia internacional “Pontevedra A cidade premio ONU: Do processo político á qualidade do resultado” na que expuso a transformación urbana de Pontevedra e os seus retos de futuro.

Ao tempo, e xa como presidente da Rede española de Ciudades que Caminan asinou un protocolo de colaboración co Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade.

O congreso tiña como obxectivo promover o planeamento da mobilidade urbana, centrado en camiñar como forma máis elemental e básica de desprazamento.

Compartir publicación: