Search
Close this search box.

A Liga Reumatolóxica Galega concédelle o premio Liga con Nós 2022 á Feira da Saúde e o Benestar PonteSán por converterse en “exemplo de compromiso vertebrador da cultura da saúde”

A Liga Reumatolóxica Galega decidiu concederlle o premio ‘Liga con Nós 2022’ á Feira da Saúde e o Benestar PonteSán, ao considerala “un exemplo de compromiso vertebrador da cultura da saúde, poñendo por diante ao movemento socio sanitario e, en definitiva, ao paciente como portavoz”. A entrega do galardón terá lugar nun evento que se celebrará o venres 25 de novembro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña).


A concesión deste premio, que foi instaurado pola Liga Reumatolóxica en 2013 e que ten os obxectivos de poñer en valor o compromiso pola loita das enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas e apostar polas entidades científicas e investigadoras, culturais, deportivas ou educativas que desempeñan un importante papel na mellora da calidade de vida dos seus usuarios e compañeiros, foi comunicada ao tenente de alcalde e concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández, a través dunha carta remitida pola presidenta do colectivo, Ana Isabel Vázquez Lojo.


PonteSán, o maior evento socio sanitario que se celebra en Galicia, chegou o pasado mes de maio á súa III edición, cun programa orientado a combater os efectos negativos da pandemia no estado de ánimo e a optimizar a saúde mental e o benestar emocional e cunha participación récord: máis de 40 entidades expositoras, entre colectivos, colexios profesionais e institucións vencelladas ao sector sanitario. Así, as entidades que se sumaron ao proxecto impulsado por Tino Fernández foron:

1. Deputación de Pontevedra

2. Concello de Pontevedra: MetroSán

3. Sergas

4. Asociación de Celíacos de Galicia (Acega)

5. Asociación de Persoas Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam)

6. Asociación Española Contra o Cancro (Aecc)

7. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Afapo)

8. Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela)

9. Asociación Galega de Linfedema (Agl) + Nordic Walking Vigo

10. Alba, Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Enfermidade Mental

11. Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer)

12. Asociación de Alcohólicos Anónimos

13. Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabete (Anedia)

14. Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns) + Programa Rodando

15. Asociación de Párkinson de Pontevedra (Apropark)

16. Art For Dent (Asociación Galega da Enfermidade de Dent)

17. Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo)

18. Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem Galicia)

19. Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (Asseii)

20. Cruz Vermella

21. Asociación Juan XXIII

22. Liga Reumatolóxica Galega

23. Xoga, Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

24. Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) + Asociación Galega de Xogadores Anónimos (Agaxa)

25. Asociación Huesos de Cristal (Ahuce)

26. Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (Codinugal)

27. Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia

28. Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia (Colef Galicia)

29. Federación Galega de Natación (natación, natación sincronizada e waterpolo)

30. Federación Galega de Balonmán

31. Federación Galega de Baloncesto

32. Federación Galega de Xadrez

33. Federación Galega de Baile

34. Federación Galega de Tenis de Mesa

35. Federación Galega de Piragüismo

36. Federación Galega de Rugby

37. Federación Galega de Atletismo

38. Fundación Monte Castrove 

39. Asociación de Amigos do Camiño Portugués

40. Galidance

Compartir publicación: